miniatura|esquerda|200px Alfabeto (chegou dende o latín, mais procede do grego alphabetos, -ou, formado a partir das dúas primeiras letras, alpha e beta) denota o conxunto organizado de letras e tamén un sistema de escrita, o máis común no mundo occidental. Na primeira acepción é sinónimo de abecedario e na segunda úsase en contraposición co alifato ou o abxad consonánticos ou os silabarios, busca representacións fonemáticas, non sempre biunívocas. Ten unha orde fixa, que se emprega por exemplo para a ordenación en dicionarios, enciclopedias ou glosarios en papel, ou en listas de cousas.

A palabra alfabeto provén das gregas alfa e beta, que designaban a primeira e segunda letra do seu alfabeto, correspondentes no alfabeto latino a a e b, respectivamente.

O alfabeto galego ten 23 letras (entre parénteses a denominación da letra): a (a), b (be), c (ce), d (de), e (e), f (efe), g (gue), h (hache), i (i), l (ele), m (eme), n (ene), ñ (eñe), o (o), p (pe), q (que), r (erre), s (ese), t (te), u (u), v (uve), x (xe), z (zeta).

Exemplos Como exemplos de "alfabetos" pódense ver os seguintes:

Alfabeto arábigo: ﺍ, ﺏ, ﺕ, ﺙ, ﺝ, ﺡ, ﺥ, ﺩ, ﺫ, ﺭ, ﺯ, ﺱ, ﺵ, ﺹ, ﺽ, ﻁ, ﻅ, ﻉ, ﻍ, ﻑ, ﻕ, ﻙ, ﻝ, ﻡ, ﻥ, هـ, ﻭ, ﻱ

Alfabeto cirílico: А, Б, В, Г, Ґ, Д, Е, Є, Ж, З, И, І, Ї, Й, К, Л, М, Н, О, П, Р, С, Т, У, Ф, Х, Ц, Ч, Ш, Щ, Ю, Я, Ъ, Ь, Ђ, Љ, Њ, Ћ, Џ

Alfabeto grego: Α, Β, Γ, Δ, Ε, Ζ, Η, Θ, Ι, Κ, Λ, Μ, Ν, Ξ, Ο, Π, Ρ, Σ, Τ, Υ, Φ, Χ, Ψ, Ω.

Alfabeto hebreo: א, ב, ג, ד, ה, ו, ז, ח, ט, י, כ, ל, מ, נ, ס, ע, פ, צ, ק, ר, ש, ת.

Alfabeto latino: A, B, C, D, E, F, G, H, I, J, K, L, M, N, O, P, Q, R, S, T, U, V, W, X, Y, Z.

Alfabetos máis coñecidos Alfabeto arameo Alfabeto árabe Alfabeto armenio Alfabeto cario Alfabeto copto Alfabeto etrusco Alfabeto fenicio Alfabeto frixio Alfabeto grego Alfabeto gótico Alfabeto hebreo Alfabeto latino Alfabeto licio Alfabeto lidio Alfabeto portugués Alfabeto ruso ou cirílico Alfabeto sidético Alfabeto siríaco Alfabeto xeorxiano

Notas

Véxase tamén

Outros artigos O alfabeto galego en Wikibooks (curso de lingua galega).

Categoría:Alfabetos