O Galicia Bealo Lorchos ou Lorchos Gaélicos do Barbanza, é un equipo de fútbol gaélico creado en 2023 en Boiro, que disputa a Liga Galega de Fútbol Gaélico 2023/24, organizada pola Asociación Galega de Fútbol Gaélico e a Real Federación Galega de Fútbol.
Cadro de xogadores Temporada 2023/24 Adestrador Nome Foto Pablo Miragaya López
Xogadores Dorsal Nome 1 José Antonio Chaves Mosquera "Chaves" 2 Marcelino Álvarez Gonzalez "Nino" 3 Alfonso Rodríguez Hermo "Black" 4 Santiago Rubén Dieste Sánchez 5 Mateo Boullón Fandiño 6 Francisco Javier Delgado Mariño 7 Samuel López Fraga "Piro" 8 Iker Calvo Gómez 9 Manuel Cespón Fungueiriño 10 Alejandro Sánchez Collazo "Cabuxa" 11 David Chaves Rodríguez "Junior" 12 Alejandro Fabeiro Vázquez 13 Juan Carlos García Boo 14 Julio Aller Acuña 15 Abel Romero Vidal 16 Manuel Núñez Nieto 18 José Ramón Agrelo Romero 19 Rubén Sánchez Collazo "Rubas" 20 Josué Mariño Places
Competicións
Torneo A Estrada 2023 O club comezou as súas andadas tras ser convidado a un torneo de Fútbol Gaélico Seven en A Estrada, onde os Lorchos mantiveron unha boa imaxe durante toda a competición a pesar de caer nos catro partidos disputados.
O equipo enfrontouse en fase de grupos a Irmandinhos (11-28), Keltoi (8-12) e Turonia (11-12). Ademais, disputou o terceiro e cuarto posto de novo contra Turonia (6-22). centro|miniatura|228x228px|Turonia - GB Lorchos
Triangular Amigable Poio 2023 O equipo foi de novo convidado a un torneo amigable en Poio onde se enfrontou ao Estrela Vermelha cun resultado de 0-6 para o equipo compostelán, e ao equipo local Lume de Beltane, caendo de novo por 26-4, dando por finalizado o torneo. centro|miniatura|Lume de Beltane - Estrela Vermelha - GB Lorchos
Liga Galega 2023/2024 Xornada 2 A competición regular comezou en Boiro para os Lorchos contra o Estrela Gaels, filial do Estrela Vermelha FG, tras descansar os boirenses na primeira xornada.
O partido disputouse no campo de Vistalegre, levándose a Compostela a vitoria o equipo visitante cun resultado de 17-27. centro|miniatura|GB Lorchos - Estrela Gaels
Xornada 3 O equipo dos Lorchos recibiría ao decano da competición e actual campión, Fillos de Breogán, de novo no campo de Vistalegre. A vitoria decantaríase para o equipo coruñés cun avultado resultado de 8-48. centro|miniatura|GB Lorchos - Fillos de Breogán
Xornada 4 Os Lorchos rematarían esta primeira quenda de partidos como local recibindo aos campións da anterior edición da Copa, o Keltoi, onde o club local volvería a caer cun resultado de 2-40. centro|miniatura|GB Lorchos - Keltoi Vigo Xornada 5 Os Lorchos visitan Poio no seu primeiro desprazamento na Liga regular, onde tras realizar un gran xogo que lles permitiu ir gañando gran parte do encontro, acabarían voltando de baleiro tras caer cun resultado de 24-20, ante o equipo amálgama formado por Independiente e Lume de Beltane. centro|miniatura|Independiente de Beltane - GB lorchos Xornada 7 Tras descansar na xornada anterior, os Lorchos desprázanse a Vigo para o crucial encontro ante Estibadores, filial do Keltoi GAC, buscando a primeira vitoria do campionato. Non puido ser, rematando 2023 cun resultado adverso de 23-15. centro|miniatura|Keltoi Estibadores B - GB Lorchos Galería de imaxes
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina Asociación Galega de Fútbol Gaélico Federación Galega de Fútbol Lorchos en Facebook Lorchos en Instagram
Categoría:Equipos de fútbol gaélico de Galicia Categoría:Boiro