Mam Holle (a nai Holle ou nai neve), Frau Holle (a señora Holle ou señora neve) ou Frau Hulda, Holda ou Holla, e variantes noutras linguas, é un personaxe folclórico centroeuropeo e unha figura lendaria do mesmo título dos irmáns Grimm (véxase Contos de fadas de Grimm, nº 24).
Na literatura miniatura| A nai Holle: debuxo de Hermann Vogel.|esquerda|266x266px Este conto de fadas foi incluído na colección "Kinder- und Hausmärchen" dos Irmáns Grimm, sendo unha mestura da lenda de Perchta (Frau Holle) con elementos narrativos adicionais. A historia orixinal, baseada nas narracións de Dorothea Wild, sufriu varias revisións nas súas edicións posteriores.
O conto de fadas é do tipo 480D "Historias de rapazas educadas e desobedientes" da clasificación Aarne-Thompson-Uther.
Conexións coa mitoloxía No conto de Frau Holle dos Irmáns Grimm, a protagonista salta a un pozo e atópase cun mundo alternativo, o que se pode interpretar como unha metáfora da viaxe ao "Outro Mundo" na mitoloxía celta ou a unha realidade paralela. Este elemento de transición a un mundo onde a lóxica habitual non se aplica é común nos contos e na mitoloxía, como lugares máxicos de misterio e transformación.
Parodias e cultura popular miniatura| Escultura de Frau Holle.|esquerda|200x200pxEn Janosch, Frau Holle non consegue facer o seu traballo porque a boa irmá fuxiu cun pasteleiro e a outra é preguiceira, e por iso a neve, o pan e as mazás están tan desigualmente distribuídos e o mundo está en tal desorde.Janosch: Frau Holle. En: Janosch erzählt Grimm’s Märchen. Fünfzig ausgewählte Märchen, neu erzählt für Kinder von heute. Mit Zeichnungen von Janosch. 8. Auflage. Beltz und Gelberg, Weinheim und Basel 1983, ISBN 3-407-80213-7, S. 51–55.
Na curtametraxe de Kerstin Hensel Seifenmärchen, a Goldmarie é secuestrada e convertida en xabón.Kerstin Hensel: Seifenmärchen. En: Die Horen, Band 1/52, Nr. 225, 2007, S. 20, .
Un manga co personaxe de Frau Holle foi publicado por Luisa Velontrova.Grimms Manga. Sonderband. Tokyopop, Hamburg 2012, ISBN 978-3-8420-0638-6.
Frau Holle é un cóctel sen alcohol, branco, feito con zume de ananás, natas e xarope de coco.
O mercado de Nadal en Schloss Kaltenberg recibe aos visitantes na porta de entrada con Goldmarie e Pechmarie (as irmás María do Ouro e María do Piche) sacudindo almofadas.www.schloss-kaltenberg-weihnachtsmarkt.de
Na versión da Märchenstunde (2007), a filla "preguiceira" é na realidade a boa e sensata, mentres a súa irmá parva causa só caos co seu exceso de celo.miniatura|266x266px|Frau-Holle Teich, en Hessen.
En Hessen O Hoher Meissner, unha montaña de 754 metros de altura situada en NordHessen, no Estado de Hessen é coñecido polas súas conexións coa lenda de Frau Holle. O Landkreis de Meißner, localizado ao pé desta montaña, alberga varios lugares asociados con esta figura mítica, incluíndo a lagoa Frau-Holle-Teich.
Alí, unha escultura homenaxeando esta personaxe foi obxecto de polémica e crítica por ser caracterizada como "demasiado sexy".
Véxase tamén
Ligazóns externas
Geo-Parque Natural Frau-Holle-Land en GrimmHeimat NordHessen (naturparkfrauholle.land) Mam Holle en mp3 en LibriVox (en alemán) Märchenlexikon.de zu Frau Holle AaTh 480 Bernhard Lauer: Märchen Sage Mythos – Frau Holle Arquivado Sagen zum Frau-Holle-Teich auf dem Hohen Meißner (nach den Deutschen Sagen der Gebrüder Grimm)
Categoría:Folclore Categoría:Mitoloxía Categoría:Mitoloxía celta Categoría:Mitoloxía xermánica