Que soe a música! (en ) é un filme británico de 2019 dirixido por Peter Cattaneo, a partir dun guión de Rosanne Flynn e Rachel Tunnard. Está protagonizado por Kristin Scott Thomas, Sharon Horgan e Jason Flemyng. O filme inspírase na historia real dos coros "Military Wives", unha rede de 75 coros en bases militares británicas en todo o Reino Unido e no exterior, que aparece na cuarta tempada da serie de televisión documental británica 'The Choir.

Estreouse en galego o 1 de novembro de 2023 a través da TVG.

Sinopse Coas súas parellas na guerra de Afganistán, un grupo de mulleres forman un coro e axiña se converten nunha sensación dos medios de comunicación e nun movemento global.

Personaxes

Kristin Scott Thomas como Kate Sharon Horgan como Lisa Jason Flemyng como Crooks Greg Wise como Richard Emma Lowndes como Annie Gaby French como Jess Lara Rossi como Ruby Amy James-Kelly como Sarah India Ria Amarteifio como Frankie Laura Checkley como Maz Sophie Dix como Beatrice Beverley Longhurst como Hilary Jack James Ryan como soldado Shaw Karen Sampford como membro do coro Robbie Gee como Red

Notas

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Peter Cattaneo Categoría:Filmes de Lions Gate Entertainment Categoría:Filmes sobre loito Categoría:Filmes de 2019 con versión en galego