thumb|Fresco de Franz von Matsch (1861-1952) que representa o carro de Aquiles arrastrando o corpo de Heitor

Na mitoloxía grega, Xanto (en grego antigo Χάνθος) e Balio (Βαλίος) eran dous cabalos inmortais, fillos do deus do vento Céfiro e a harpía Podarxe, a súa irmá e amanteCuriosamente, Xanto era tamén o nome dun dos cabalos do carro de Heitor, xunto a Podargo, Etón e Lampo (Ilíada VIII, 184)..

Ámbolos dous cabalos foron o regalo que o deus Poseidón fixera a Peleu cando casou con Tetis. Cando tivo lugar a Guerra de Troia, Peleu xa era maior e por iso foi Aquiles quen acudiu ó mando dos Mirmidóns, e Peleu regaloulle os cabalos inmortais, a armadura e a lanza. Durante a guerra os cabalos causaron o asombro de todos polas súas capacidades. No carro de Aquiles xunguíanse xunto a Pédaso, outro cabalo extraordinario, aínda que mortal, que o heroe capturou cando tomou a cidade de Eetión.

Homero relata na Ilíada unha conversa entre Aquiles e os cabalos. Trala morte de Patroclo a mans de Heitor e a reconciliación de Aquiles con Agamenón, o heroe volve á loita. Insta ós cabalos a grandes gritos para que os levaran a salvo (a el e a Automedonte) ó campamento aqueo, reprochándolles por non ter evitada a morte de Patroclo. Xanto, ó que Hera concedeu momentaneamente voz humana, respondeulle que non foi por seren lentos nin por preguiza que Patroclo morrera, senón que foi Apolo quen lle causou a morte. Xanto engadiu que o destino de Aquiles anunciaba a súa próxima morte a mans dun deus e dun home Ilíada, XIX, 399 ss. Efectivamente, Aquiles morrería ferido polas frechas de Paris -un home- dirixidas por Apolo -un deus-..

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Enlaces externos

Categoría:Animais na mitoloxía grega