David López Goyanes, nado na Pobra do Brollón o 31 de maio de 1958, é un político galego militante no PPdeG.
Traxectoria É ferroviario de profesión. Foi alcalde da Pobra do Brollón entre 2005 e 2007, posto ó que accedeu á metade da lexislatura para substituír o seu compañeiro de partido Manuel Casanova Pérez, logo de dimitir este último tras ser condenado por un delito de malversación de fondos públicos.
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Pobra do Brollón
Categoría:Alcaldes da Pobra do Brollón Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados na Pobra do Brollón Categoría:Nados en 1958 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes