miniatura|300x300px|Un bulldozer blindado Caterpillar D9 do exército israelí destrúe unha casa durante a Segunda Intifada (2000–2005) A demolición de vivendas é un dos métodos empregados polo exército israelí en Xerusalén Leste, Cisxordania e a Franxa de Gaza para lidar coa insurxencia palestina e para limitar o crecemento demográfico da poboación palestina no contexto do conflito palestino-israelí. Calcúlase que, durante a guerra árabe-israelí de 1948 e a consecuente expulsión ou fuxida da poboación palestina dos seus fogares, o Estado de Israel demoleu unhas 52 000 vivendas palestinas, incluídos unhas 530 vilas e barrios destruídos na súa totalidade. Dende a ocupación dos territorios palestinos tras a guerra do Seis Días en 1967 até 2019, Israel demoleu unhas 55 000 vivendas e outras estruturas palestinas en Cisxordania, Xerusalén Leste e a Franxa de Gaza, e outros miles de vivendas foron demolidas dentro da propia Israel.

O obxectivo da demolición de vivendas pode ser a aplicación das normas e regulacións de construción, que na Palestina ocupada están impostas polo exército israelí. Outras xustificacións para a demolición de vivendas son a contrainsurxencia ou as medidas de seguridade para impedir ou deter accións dos milicianos palestinos. A xustificación de que serve como unha potente medida disuasoria contra o terrorismoHouse demolitions as punishment B'Tselem - The Israeli Information Center for Human Rights in the Occupied Territories e que fixo descender significativamente os ataques terroristas palestinosEfraim Benmelech, Claude Berrebi y Esteban F. Klor, 'Counter-Suicide-Terrorism: Evidence from House Demolitions,' en The Journal of Politics, vol. 77, no. 1 (xaneiro de 2015), pp. 27–43.Ludovica Iaccino, ['Israel's punitive demolition of Palestinian terrorist houses 'decreases suicide attacks','] International Business Times, 10 de decembro de 2014.Según el estudio "Counter-Suicide-Terrorism: Evidence from House Demolitions," demoler los hogares de las familias de los terroristas palestinos supone "un inmediato y significativo descenso del número de ataques suicidas". enfróntase a argumentos en contra, algúns dos cales proveñen do propio exército israelí, que afirman que a medida non demostrou unha efectividade disuasoria e que en realidade é contraproducente.Avi Kober,Israel's Wars of Attrition:Attrition Chanllenges to DSemocratic States Routledge 2009 p.131.

Tanto a ONU como numerosas organizacións a prol dos dereitos humanos critican as demolicións de fogares palestinos e cualifícanas dunha violación do dereito internacional humanitario. Por exemplo, Amnistía Internacional afirma que o goberno israelí está a usar a demolición de vivendas como un castigo colectivo cara aos palestinos e como un método para requisar propiedades e permitir así a expansión dos asentamentos israelís. En 1968, pouco despois da ocupación dos territorios palestinos tras a guerra do Seis Días, o xurista estadounidense Theodor Meron advertiu ao goberno israelí de que esta práctica contraviña o dereito internacional, e máis en concreto as Convencións de Xenebra.

A demolición de vivendas usouse esporadicamente para desmantelar os denominados outposts, é dicir, asentamentos israelís que son ilegais segundo o dereito internacional e segundo as propias leis israelís. Cómpre saliientar que esta distinción só existe no dereito israelí, dado que todos os asentamentos son ilegais segundo o dereito internacional, pois supoñen unha violación do artigo 49 do Cuarto Convenio de Xenebra, que prohibe o traslado de poboación civil da potencia ocupante ao territorio ocupado. Ademais, tras a súa retirada unilateral da Franxa de Gaza en 2005, o goberno israelí demoleu todas as vivendas dos seus asentamentos nesta rexión palestina.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Rachel Corrie

Categoría:Conflito árabe-israelí