A torre do Monte é un pazo situado no lugar da Pedreira, parroquia de Padrón, no concello de Padrón, de titularidade privada. Foi declarado Ben de Interese Cultural no ano 1994.

Descrición Erixido a finais do século XIV e comezos do século XV pola familia fidalga dos Romay. Posúe torre defensiva.García Gil, 2003, p. 109. A construción é de cantaría de granito, destaca a escalinata barroca na fachada principal, posúe unha cheminea monumental e a solaina está orientada ó sur. A capela do pazo está dedicada a San Miguel.

Rosalía de Castro menciona a torre no poemario En las orillas del Sar (1884), no pazo consérvase o manuscrito orixinal de Os dous de sempre (1934), de Castelao e alberga unha colección pictórica de pintores galegos dos séculos XIX e XX.García Iglesias, 2001, p. 299.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Pazo de Dodro

Ligazóns externas Turismo.gal Xunta de Galicia.

Monte, Torre do Categoría:Padrón Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia da Coruña