Shane Patrick Lysaght MacGowan, coñecido popularmente como Shane MacGowan, nado en Tunbridge Wells, Pembury, condado de Kent, o 25 de decembro de 1957, e finado o 30 de novembro de 2023, foi un poeta, músico, cantante e compositor irlandés da banda británica The Pogues.

Traxectoria

Primeiros anos e formación MacGowan naceu en 1957 nunha familia irlandesa. MacGowan pasou a súa infancia na cidade de Tipperary, pero trasladouse a Inglaterra aos seis anos e medio, cando a súa familia se trasladou. Viviu en Brighton e Londres, entre outros lugares do país. A nai de MacGowan, Teresa, era cantante e bailarina tradicional irlandesa e traballara como modelo en Dublín. En 1971, despois de asistir á Holmewood House School en Langton Green, Kent, MacGowan gañou unha bolsa de literatura e foi aceptado na Wastminster School, unha universidade do Reino Unido situada preto das Casas do Parlamento. Castigado no segundo ano por posesión de drogas, Shane foi expulsado da institución.

Carreira A súa primeira aparición que marcou o inicio da súa carreira foi en 1976 nun concerto organizado pola banda de punk inglesa The Clash, cando o seu lóbulo da orella fora danado por Jane Crockford, que máis tarde se convertería en membro de The Mo-Dettes. Un fotógrafo obtivo unha foto de MacGowan cuberto de sangue e foi publicado co titular "Cannibalism At Clash Gig".Cannibalism At Clash Gig, Daily Mail, 12 Jan 1976

En 2014 anunciaron que The Pogues deixaban de tocar. Aínda que a banda nunca actuou en Galiza, foi unha grande influencia para músicos galegos. No verán de 2002 actuou na Coruña co seu outro grupo, The Popes.

Pasamento dereita|miniatura|262x262px| Shane MacGowan na banda The Pogues en 2006 Shane MacGowan morreu o 30 de novembro de 2023 aos 65 anos, despois dunha longa doenza.

Músicos e celebridades como Johnny Depp e Nick Cave homenaxearon a MacGowan no seu funeral en Irlanda. O ex presidente do Sinn Féin, Gerry Adams, e o presidente irlandés, Michael D. Higgins, tamén foron convidados á igrexa de Tipperary. O cantante Bono de U2 enviou unha lectura gravada.

O servizo funerario incluíu varias actuacións musicais organizadas polo compositor Glen Hansard, quen tamén interpretou xunto a outros músicos a canción "Fairytale of New York", que foi bailada pola familia de MacGowan.

Documentais A vida de Shane MacGowan foi transmitida ao público nos documentais:

If I Should Fall from Grace - The Shane MacGowan Story (2003) The Great Hunger. Documental da BBC sobre Shane.

Discografía

The Nips/Nipple Erectors

Bops, Babes, Booze & Bovver (2003)

Singles- The Pogues

"Poguetry in Motion EP" " The Irish Rover " (con The Dubliners ) " Fairytale of New York " (con Kirsty MacColl ) – Reeditado en 1991, 2005 e 2007 Falkiner, Keith, "Shane's Sunny Delight"; The Irish Star, 21 Nov 2010 "Fiesta"

Singles solo

"What a Wonderful World" (con Nick Cave) "The Church of the Holy Spook" (con The Popes) "That Woman's Got Me Drinking" "Haunted" (con Sinéad O'Connor) "My Way" "I Put a Spell on You" (con Nick Cave, Chrissie Hynde, Mick Jones, Johnny Depp, Bobby Gillespie, Glen Matlock, Paloma Faith e Eliza Doolittle)

Participacións

"Perfect Day". "The Wild Rover" (con Sinead O'Connor) - Soldat Louis, álbum Auprès de ma bande, (1993) "The Wild Rover" e "Good Rats" (con Dropkick Murphys) "Ride On" and "Spancill Hill" (con Cruachan) "What a Wonderful World" (con Nick Cave, 1992) "God Help Me" (con The Jesus and Mary Chain, 1994) "Suite sudarmoricaine", "Tri Martolod", "The Foggy Dew" (con Alan Stivell, 1994) "Death Is Not the End" (1996) "Waiting 'Round to Die" (2009) "Four Leaf Lover Boy" e "Full of Sh*t" (2010) "Little Drummer Boy/Peace on Earth" (2010) "Basically, Johnny Moped" (2012)

LPs

Red Roses for Me (1984) Rum Sodomy & the Lash (1985) If I Should Fall from Grace with God (1988) Peace and Love (1989) Hell's Ditch (1990) The Snake (álbum)| The Snake (1995) The Crock of Gold (1997) Across the Broad Atlantic: Live on Paddy's Day - New York and Dublin (2002)

Filmografía

Eat the Rich - 1987 Straight to Hell - 1987 The Filth and the Fury - 2000 Westway to the World - 2002 The Libertine - 2005 Harry Hill's TV Burp - 2007 Harry Hill's TV Burp - 2010 Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas The Parting Glass: An Annotated Pogues Lyrics Page . en inglés Sitio web oficial de Shane MacGowan. en inglés Sitio web oficial de Pogues en inglés Sitio web oficial de Brian Whelan. en inglés

Categoría:Cantantes de Irlanda Categoría:Finados en 2023 Categoría:Nados en 1957 Categoría:Compositores de Irlanda Categoría:Actores de Irlanda