Evanston é unha cidade estadounidense no condado de Cook, Illinois, situada na North Shore ao longo do lago Michigan. É un suburbio de Chicago e atópase a 19 km ao norte do centro desta cidade, limitando con Chicago ao sur, con Skokie ao oeste, con Wilmette ao norte, e co lago ao leste. No ano 2020 Evanston tiña unha poboación de 78 110 habitantes.
Fundada por líderes empresariais metodistas en 1857, a cidade foi incorporada en 1863. Evanston é fogar da Northwestern University, creada en 1851, unha das principais universidades de investigación do mundo. No presente é coñecida por unha poboación etnicamente diversa e está moi moldeada externamente pola incluencia de Chicago, e internamente pola Northwestern. A cidade e a universidade comparten unha longa relación historicamente complexa.
Notas
Categoría:Cidades de Illinois