Xusta e Rufina foron dúas irmás, nadas en Hispalis os anos 268 e 270 e finadas no 287, son unhas santas da Igrexa católica e da Igrexa ortodoxa. A súa festividade celébrase o 17 de xullo (en Sevilla) e o 19 de xullo (noutros lugares de España).
Traxectoria Xusta e Rufina foron irmás carnais, nacidas en Hispalis baixo o dominio romano; Xusta en 268 e Rufina en 270, de modesta familia de cristiáns clandestinos dedicados ao oficio da olaría. Nestes tempos, as irmás dedicaban o seu tempo a axudar ao próximo e ao coñecemento do Evanxeo.
Era costume celebrar unha vez ao ano unha festa na honra da deusa Venus, na que se rememoraba o falecemento do admirado Adonis. Percorríanse as rúas da cidade pedindo esmolas para a festa. En certa ocasión, os seguidores de Venus chegaron a casa de Xusta e Rufina solicitando o diñeiro correspondente, pero elas negáronse a pagalo por ser o fin deste contrario á súa fe. Ademais, decidiron facer cachizas a figura da deusa entre ambas, provocando desta maneira o enfado xeral das devotas que se lanzaron cara a elas.
O prefecto de Sevilla, Dioxeniano, mandou encarceralaspara que renunciasen á súa fe. Negáronse, a pesar das ameazas, e sufriron o tormento do poldro para a continuación ser torturadas con garfios de ferro. Dioxeniano esperaba que o trato que se lle daba sería suficiente, pero elas aguantaron todo. Vendo que non produciu efecto o castigo, encerrounas nun tenebroso cárcere onde sufrirían as penalidades da fame e a sede.
Estoicamente sobreviviron á súa condena, polo que foron castigadas de novo. Esta vez debían camiñar descalzas até chegar a Sierra Morena. Tiveron a suficiente forza para conseguir o obxectivo. Vendo que nada as vencía, mandou encarceralas até morrer. A primeira en falecer foi Santa Xusta. O seu corpo tirárono a un pozo, recuperado pouco tempo despois polo bispo Sabino.
Unha vez que acabou coa vida de Xusta, Dioxeniano creu que Rufina sucumbiría aos seus desexos con máis facilidade, pero non o conseguiu. Decidiu acabar coa súa vida da forma máis lúgubre naqueles tempos. Levouna ao anfiteatro e deixouna a expensas dun león para que a esnaquizase. A besta achegouse, e o máis que fixo foi mover a cola e lamber as súas vestiduras como faría un animal de compañía. O Prefecto non aguantou máis, mandouna degolar e queimar o seu corpo. Novamente tras este feito, o bispo Sabino recolleu os restos e enterrouna xunto á súa irmá no ano 287.
Por este martirio, ambas foron obxecto da devoción popular, e consideróuselles santas. Nomeóuselles patroas dos gremios de oleiros. Tamén destaca o seu culto en Sevilla e Manises.
Veneración en Moraña En Galicia santa Xusta é patroa dunha parroquia, Santa Xusta de Moraña, onde se celebra unha romaría. A santa é avogosa dos endemoñados.
No santuario de Santa Xusta de Moraña acoden os que se cren vítimas do mal de ollo para botar fóra o meigallo. Bouza BreyFermín Bouza Brey, 184. atribúe a iso a representación da Santa como muiñeira, cunha vasoira na man, coa que limpa o feitizo ou símbolo das mesmas bruxas causantes do mal. Este atributo queda reflictido así no cantigueiro popular:
Cantigueiro
Santa Xusta de Moraña/ foi tres anos muiñeira/ tiña a escoba de palma,/ trabadoiras de oliveira . Santa Xusta de Moraña/ tres anos foi muiñeira/ tiña a basoira de palma/ e a escoba de oliveira .
Notas
Enlaces externos
Justa y Rufina, Santas
Galería de imaxes
Categoría:Venerados polas igrexas ortodoxas Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia