, nado o 5 de febreiro de 1912 en Wanzhou, Sichuan, e finado o 24 de xullo de 1977, foi un escritor chinés. Pertenceu ao círculo literario coñecido como a Escola de Beijing. Próximo a Zhou Yang, foi represaliado ao comezo da Revolución Cultural.

Traxectoria alt=He Qifang no ano 1962|miniatura|He Qifang no ano 1962|esquerda He Qifang naceu nunha rica familia de terratenentes. O seu pai era un home esixente e violento, polo que o autor procuraba un refuxio na súa nai. Durante a súa adolescencia, recibiu unha educación tradicional. Entre 1931 e 1935 estudou Filosofía na Universidade de Beijing. Durante esta etapa, coñeceu a obra dos poetas simbolistas franceses, aos que admiraba xunto cos poetas clásicos chineses. Tras graduarse, desempeñou postos de profesor de instituto en Tianjin e Shandong. Na década dos 40, fíxose militante do Partido Comunista da China, e uniuse a Mao Zedong en Yan'an durante o Movemento de Rectificación dos Estilos. Con todo, mantivo sempre unha postura esteticista. Destacou por unha poesía sui generis, afastada das tendencias realistas e socialistas da época. Os seus libros, como Huamenglu 画梦录 ("Pintando soños", 1947) ou Huanxiang zaji 还乡杂记 ("Misceláneas sobre o retorno ao fogar", 1949), destacan por unha linguaxe simple e un estilo introspectivo e melancólico.

Tras a Guerra Civil Chinesa, He Qifang trasladouse a Chongqing, onde traballaría como editor do xornal Xinhua ribao 新华日报. Participou en varios debates ideolóxicos a través dos seus ensaios. Fíxose tamén membro da Asociación de Escritores da China, e chegou a ser director do Centro de Investigacións Literarias da Academia das Ciencias. Foi editor da revista Wenxue pinglun 文学评论 ("Crítica literaria").

Dende Yan'an, estivo próximo ao seu compañeiro de traballo Zhou Yang. Durante a Revolución Cultural, ambos foron atacados e destituídos dos seus postos. Porén, He Qifang será rehabilitado tras o pasamento de Mao e a detención da Banda dos Catro.

Notas

Categoría:Nados en Chongqing Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1977 Categoría:Escritores da China Categoría:Literatura en lingua chinesa Categoría:Alumnos da Universidade de Pequín