Cinchona é un xénero de plantas fanerógamas da orde das Gentianales da familia das Rubiaceae. Ten 25 especies de grandes arbustos ou pequenas árbores que alcanzan os 5-15 metros de altura.Cinchona en PlantList

Ten as follas opostas, lanceoladas a redondeadas, perennes de 1-4 dm de lonxitude. As flores de cor branca, rosa ou vermella prodúcense en panículas terminais. O froito é unha cápsula con numerosas sementes.

Algunhas especies deste xénero, como a Cinchona officinalis, tamén chamada quina, producen quinina, un alcaloide con propiedades antipiréticas, antipalúdicas e analxésicas. O descubrimento das súas propiedades supuxo unha revolución no eido da medicina, e aínda hoxe se segue empregando con fins médicos.

Foi nomeada por Carl Linnaeus na honra de Dona Francisca Enríquez de Rivera, a segunda esposa do IV Conde de Chinchón, Don Luis Jerónimo Fernández de Cabrera y Bobadilla, por ser ela, segundo a tradición, quen descubriu o seu uso entre as xentes do Vello Mundo polas propiedades medicinais da casca desta planta. Linnaeus transcribiu o son castelán 'chi' á maneira italiana, isto é, 'ci', o cal era frecuente na época.

Especies Cinchona antioquiae L.Andersson 1998 Cinchona asperifolia Wedd. 1848 Cinchona barbacoensis H.Karst. 1860 Cinchona × boliviana Wedd. 1848 Cinchona calisaya Wedd. 1848 Cinchona capuli L.Andersson 1994 Cinchona fruticosa L.Andersson 1998 Cinchona glandulifera Ruiz & Pav. 1802 Cinchona hirsuta Ruiz & Pav. 1799 Cinchona krauseana L.Andersson 1998 Cinchona lancifolia Mutis 1793 Cinchona lucumifolia Pav. ex Lindl. 1838 Cinchona macrocalyx Pav. ex DC. 1829 Cinchona micrantha Ruiz & Pav. 1799 Cinchona mutisii Lamb. 1821 Cinchona nitida Ruiz & Pav. 1799 Cinchona officinalis L. 1753 Cinchona parabolica Pav. in Howard 1859 Cinchona pitayensis (Wedd.) Wedd. 1849 Cinchona pubescens Vahl 1790 Cinchona pyrifolia L.Andersson 1998 Cinchona rugosa Pav. in Howard 1859 Cinchona scrobiculata Humb. & Bonpl. 1808 Cinchona villosa Pav. ex Lindl. 1838

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

La Misión de Cinchona Proyecto Cinchona - Ortiz Proyecto Maricela Argudo's Cinchona Cinchona Bark Using Bark to Cure the Bite Alcaloides de Cinchona Peruvian Bark Foto de Cinchona Fotos de Cinchona pubescens

Categoría:Cinchona Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Plantas descritas en 1753