A pappalisina-1, tamén chamada proteína plasmática asociada ao embarazo A e IGFBP-4 protease é unha proteína codificada en humanos polo xene PAPPA do cromosoma 9 (cuxo nome son as iniciais do nome en inglés: pregnancy-associated plasma protein A).HGNC Pappalysin 1 PAPPA segrégase como unha protease cuxo principal substrato son as proteínas que se unen ao factor de crecemento similar á insulina. A pappalisina-1 tamén se usa en tests de cribado para a síndrome de Down.

Función

O PAPPA codifica unha metaloproteinase segregada que corta as proteínas que se unen ao factor de crecemento similar á insulina (IGFBPs). A función proteolítica da PAPPA é activada pola unión do coláxeno. Pénsase que está implicada en procesos proliferativos locais como a curación de feridas e a remodelación ósea. Suxeriuse que un nivel baixo no plasma desta proteína serve como biomarcador de embarazos con feto aneuploide (cun número anormal de cromosomas). Por exemplo, un baixo nivel de PAPPA adoita observarse nos cribados prenatias en casos de síndrome de Down. Os niveis baixos poden alternativamente predicir problemas coa placenta, que resultan en complicacións adversas como a restrición de crecemento intrauterina, preeclampsia, desprendemento prematuro da placenta, nacemento prematuro ou morte fetal.

Este encima cataliza a seguinte reacción química:

Corte do enlace peptídico Met135-Lys na proteína que se une ao factor de crecemento similar á insulina (IGFBP-4), e o enlace Ser143-Lys na IGFBP-5

Este encima pertence á familia de peptidases M43.

Interaccións

A pappalisina-1 ten interaccións coa proteína básica maior.

Uso clínico Estudos realizados no Royal London Hospital do Reino Unido mostraron que os marcadores da síndrome de Down poden expresarse durante o primeiro e segundo trimestre do embarazo. As concentracións de PAPPA e outros marcadores poden axudar a facer cribados para a síndrome de Down nas etapas iniciais da xestación.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Pappalisina-2 (PAPPA2)

Categoría:Hidrolases