Lucena é unha cidade e un concello español da provincia de Córdoba, en Andalucía. O concello ten unha superficie de 352,05 km². Atópase a unha altitude de 487 metros e a 67 quilómetros da capital de provincia, Córdoba. Polo seu pasado xudeu tamén é coñecida como "Perla de Sefarad". Ademais, é das poucas cidades de España que ostenta o título de “mariana” debido á gran devoción que se lle profesa á súa patroa, María Santísima de Araceli. Esta foi nomeada patroa en 1851 e "alcaldesa perpetua" en 1955.
O seu nome provén do hebreo Eli ossana , "Deus nos salve", nome co cal foi chamada orixinalmente polos xudeus, mentres que os musulmáns a denominaban Al-Yussana. Trátase da principal poboación en termos demográficos e económicos da provincia tras a capital e está situada nun importante nó de comunicacións de estradas.
Notas
Categoría:Concellos da provincia de Córdoba Categoría:Lucena