Closer é un filme estadounidense de 2004 dirixido e producido por Mike Nichols e escrito por Patrick Marber, baseado na obra de teatro de 1997. Está protagonizado por Julia Roberts, Jude Law, Natalie Portman e Clive Owen. O filme, ao igual ca a obra na que está baseado, foi vista por algúns como unha versión moderna e tráxica da ópera de 1790 de Wolfgang Amadeus Mozart Così fan tutte, con referencias á ópera tanto na trama como na banda sonora. Owen protagonizou a obra de teatro como Dan, o papel interpretado por Law no filme.

Closer recibiu críticas positivas e recadou 115 millóns de dólares. Foi recoñecido cunha serie de premios e nomeamentos, incluíndo nomeamenos aos Óscar e os Globos de Ouro para Portman e Owen polas súas actuacións.

Personaxes Julia Roberts como Anna Cameron Jude Law como Daniel "Dan" Woolf Natalie Portman como Alice Ayres / Jane Jones Clive Owen como Larry Gray Nick Hobbs como condutor de taxi Colin Stinton como oficial de aduanas

Notas

Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Mike Nichols Categoría:Filmes ambientados en Londres Categoría:Filmes sobre escritores Categoría:Filmes sobre infidelidade Categoría:Filmes sobre parellas Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América