miniatura|300px|Hécuba ofrece o peplo a Atenea, implorando a axuda da deusa para Troia, tal como se describe na Ilíada VI, 286-311 (Antonio Canova, 1787, Museo de Canova, Possagno, Italia)
Hécuba, ou HécabeSegundo Robert Graves (px. 677), Hécabe sería o nome grego, mentres que Hécuba o sería para os latinos., foi a segunda esposaPríamo estivera casado anteriormente con Arisbe, filla de Mérope (rei de Percote, unha cidade da Tróade), coa que tivo un fillo, Ésaco do rei de Troia, Príamo. Rematada a Guerra de Troia coa morte do rei e o incendio da cidade, Hécuba foi entregada a Odiseo como botín de guerra, pasando de ser raíña a ser escravaComo sexa que a Ilíada remata antes de caer Troia, Homero non menciona este final..
Os diferentes mitógrafos discuten sobre os seus devanceiros: tradicionalmente é considerada filla de DimanteIlíada XVI, 718. (ou Dimas), rei de Frixia (máis ou menos, no centro de Anatolia), coa ninfa Eunoe, ou ben con Glaucipe (filla do deus-río Escamandro). Pero tamén se afirma que foi filla do deus-río Sangario e a ninfa EvágoraGrimal, s. v. Hécuba.. O tráxico Eurípides, así como o poeta Virxilio considérana filla de Ciseo (ou Ciso), rei de Tracia, con Teleclea. E Apolodoro recolle todas estas versións"Tomou como segunda esposa a Hécuba, filla de Dimante ou, segundo afirman algúns, de Ciso, ou do río Sangario e Mérope, como din outros" (Apolodoro III, 12.5).Tamén Graves recolle a complexa xenealoxía: "Era filla de Dimante e da ninfa Eunoe, ou de Cisco e Teleclea, ou do río Sangario e Metope, ou de Glaucipe, filla de Xanto" (Graves, px. 677). O río Xanto é o río Escamandro..
Descendencia O detalle máis característico de Hécuba foi a súa fecundidade, pois deu entre 14 e 19 fillos a Príamo, segundo cifras achegadas polos diferentes autores, e que se suman ós fillos habidos polo rei con diferentes concubinas. Cando Príamo acode ante Aquiles para suplicarlle que lle devolva o cadáver do seu fillo Heitor dille que tivo cincuenta fillos, "dezanove naceron dun só ventre mentres que ós restantes paríronnos en palacio outras mulleres"Ilíada XXIV, 496..
A relación de fillos de Hécuba sería a seguinte: Heitor, Paris, Creúsa, Laódice, Políxena, Deífobo, Héleno, Casandra, Pamón, Polites, Antifo, Hipónoo e PolidoroApolodoro III, 12, 5. Hixino dá unha nómina de 54 fillos de Príamo, pero mestura os fillos habidos con Hécuba cos fillos que tivo coas concubinas (Hixino 90).. Outro fillo sería Troilo, pero procreado con Apolo, de quen tamén se afirma que sería o verdadeiro pai de HeitorGraves, px. 677-678..
Hécuba, nai de Paris Próxima a dar a luz ó segundo fillo, Alexandre ou Paris, tivo un soño premonitorioApolodoro III, 12.5; Graves, px. 683.. Víase parindo unha tea acesa que poñía lume a toda a cidade de Troia (e ós bosques do arredor), ou ben un feixe de leña do que saían numerosas serpes de lumeDetalle este que só describe Hixino (Fábulas 91.1).. Tras consultar a distintos adiviños chegouse á conclusión de que o meniño que ía nacer terminaría provocando a ruína da cidade, polo que cumpría matalo ó nacer. Hécuba negouse, naturalmente, pero aceptou que fora exposto no monte IdaTrátase do costume de abandonar os fillos non desexados no monte, para que morresen ou foran recollidos por alguén.. Fíxose así pero, como adoita ocorrer nestes casos, o meniño foi recollido e salvado, para ser criado como pastor ata que, chegado ó estado adulto, se deu a coñecer como príncipe da cidadeMesmo se di que foi a propia Hécuba a que subornou ós criados para que non mataran á criatura, e que o ocultaran a Príamo.. Logo veu a viaxe a Esparta, o rapto de Helena e a destrución de Troia, cumpríndose a profecía de que provocaría a ruína da cidade.
Unha variante da lenda di que outro dos fillos de Príamo, o adiviño ÉsacoGrimal, s. v. Ésaco. Esta variante parece contradicir a orde de nacemento dos fillos de Príamo, pois a tradición di que tralo primoxénito, Heitor, naceu Paris, pero sucede que Ésaco sería fillo de Príamo con Arisbe, unha concubina. advertira ó rei que o causante da ruína de Troia sería un meniño que nacería no palacio no día en que Ésaco ten esta visión, e que debía matar tanto ó cativo como á nai. Pero ese día á mañá naceu Munipo, fillo de Cila e Timetes, e Príamo mandou matar a este Munipo e á súa nai CilaGraves, px. 683.. Á noite pareu Hécuba e Príamo perdonouna pero acatou o consello dos adiviños de expoñer ó meniño.
Mesmo hai outra variante máis. Héleno e Casandra, tamén fillos de Príamo e Hécuba, eran dous irmáns xemelgos con capacidade de adiviñar o futuro. Os meniños advertiron ó pai que tiñan visións espantosas de Troia sendo destruída e consumida polo lume, cando vían o bebé. Príamo non lles prestou atención aínda cando a sacerdotisa de Apolo lle confirmara que podían ver o futuro.
Dun xeito ou outro, Paris foi criado por Axelao descoñecendo a súa orixe real (e descoñecendo Hécuba e Príamo a súa existencia). Príamo organizou uns xogos fúnebres en honor, precisamente, do seu fillo morto. Paris presentouse ós xogos e foi gañándoos un a un derrotando ós seus irmáns, ata que estes decidiron matalo. Paris refuxiouse baixo un altar e Axelao acudiu ante Príamo para confesar que se trataba do seu fillo perdido. Hécuba recoñeceu o axóuxere que Axelao lle mostraba, e que recollera das mans do meniño cando o atopou no monte. Así, Príamo recoñeceuno como príncipe de Troia e celebráronse sacrificios ós deuses. Pero os sacerdotes de Apolo insistiron na maldición que traía consigo e aconsellaron matalo, ó que Príamo se negouGraves, px. 687..
Hécuba durante a guerra
Nun momento da guerra, Odiseo, disfrazado de mendigo e con cicatrices pintadas no rostro, realizou unha incursión de espionaxe na cidadela de Troia, disque co obxectivo de convencer a Helena de que traizoase ós troianos. Helena, que o recoñeceu axiña baixo o seu disfrace, non revelou a súa presenza ós gardas de palacio e permitiu que Odiseo marchara sen problema para regresar ó campamento gregoOdisea IV, 244.. Interesa agora engadir que tamén se asegura que Helena llo dixo a Hécuba e esta tampouco denunciou a presenza do inimigo no palacio, compadecida ante as bágoas e os discursos de OdiseoGrimal, s. v. Helena, s. v. Ulises.. Segundo Eurípides, cando Odiseo vén onda Hécuba para reclamar a Políxena, coa intención de sacrificala sobre a tumba de Aquiles, Hécuba bótalle en cara que o seu silencio lle salvou a vida e agora decide matarlle a fillaEurípides: Hécuba 239-250..
Noutro momento de dominio grego, Heitor vese obrigado a pedir á Hécuba que faga sacrificios a Atenea para pedir a súa axuda para os troianos. A nai ofrece viño a Heitor e pídelle que descanse en palacio ó que el se nega vehementemente. Hécuba colleu o peplo máis fermoso de cantos tiña nas súas arcas, foi ó templo da deusa e colocouno sobre os seus xeonllos, á vez que promete sacrificarlle doce becerras dun ano sen amansar. Pero a deusa negoulle a axuda que solicitabanIlíada VI, 286-311..
Cando se produce a Guerra de Troia, Príamo era demasiado vello para loitar, pero aínda así no último momento quixo coller a espada para defender o palacio cando os gregos xa entraban nel. Hécuba, que se refuxiara xunto as fillas, tivo que impedirllo e levouno a un altar de Zeus no fondo do palacio, cuberto por un loureiro sagrado, para poñerse baixo a protección dos deuses e así sobrevivir ou morrer xuntos. Non lle serviu de nada porque Neoptólemo, despois de matar ante el a Polites (outro fillo de Príamo), chegou onda o rei, arrancouno do altar polos pelos e degolouno, deixando o seu corpo decapitado e insepulto, dise que sobre a tumba de AquilesGrimal, s. v. Príamo; Graves, px. 755; Pseudo-Apolodoro: Epítome V. 21..
Hécuba desempeña na guerra un papel secundario pero enchido de maxestade, como un verdadeiro símbolo do infortunio. Resulta significativo ver como ten que asistir á morte dos seus fillos, un a un, ó longo da guerra, especialmente cando observa desde o alto das murallas como Aquiles mata a Heitor e logo arrastra o seu cadáver fronte á muralla atado ó seu carro. Mortos xa tódolos seus fillos varóns, aínda terá que presenciar como Agamenón leva cativa a súa filla Casandra e como Neoptólemo, fillo de Aquiles, sacrifica a Políxena, outra filla, sobre a tumba do pai, pola suposta esixencia do fantasma deste. E cómpre lembrar que tamén ten que contemplar como o mesmo Neoptólemo mata a Astianacte, fillo de Heitor e neto seu, precipitándoo ó chan desde o alto da muralla, por decisión de Odiseo, ou ben foi o propio Odiseo que o matou. Isto pode explicar que para ela, ser entregada a Odiseo era o peor destino posible.
Hécuba trala guerra miniatura|esquerda|A vinganza de Hécuba (s. XVII, Museo de Belas Artes, Lión, Francia)
Tamén terá unha significación especial a morte do fillo máis pequeno, Polidoro. Este fora confiado por Príamo a Poliméstor, rei do Quersoneso e aliado seu en canto que estaba casado cunha filla de Príamo, Ilíone (ou Ilíona)Grimal, s. v. Poliméstor., á vez que lle encargara o coidado dun valioso tesouro co que pretendía garantir o futuro do rapaz. Trala caída de Troia e a morte de Príamo, Poliméstor decide apropiarse deste tesouro e mata a Polidoro, cuxo corpo botou ó mar para que nunca fose atopado. Pero os deuses fan que o mar devolva o cadáver xusto no momento en que Hécuba ía ser embarcada como escrava cara Grecia. Hécuba recoñeceuno e tramou a súa vinganza: finxindo non saber nada, mandou vir a Poliméstor coa escusa de confiarlle un tesouro que os gregos non coñecían. Poliméstor acode axiña, avaricioso coma ninguén, e Hécuba aproveita que o ten a man para arrincarlle os ollos, á vez que ordena ás súas criadas que maten os dous fillos de Poliméstor, que o acompañaban, diante del. Os gregos castigaron este acto e lapidárona pero baixo as pedras só apareceu unha cadela de ollos de lume; tamén se di que foi transformada en cadela cando fuxía dos soldados tracios de Poliméstor, ou ben o foi xa a bordo do barco que a levaba a Grecia, botándose logo ó marGrimal, s. v. Hécuba; Hixino 111. Hixino engade que se botou ó mar Helesponto, hoxe o estreito dos Dardanelos, e que por esta razón recibiu o nome de mar Cineo.. Na versión de que morreu lapidada polos gregos, atribúese precisamente a Odiseo o lanzamento da primeira pedra contra elaGrimal, s. v. Hécuba.; na versión tracia conta que estes ían lapidala pero nese momento ela transformouse en cadela, chamada Mera, correndo dun lado a outro, polo que os tracios, asustados, preferiron retirarseGraves, 762..
Poida ser que este acto de vinganza contra os fillos de Poliméstor -inocentes en definitiva- fose a causa da súa metamorfose en cadela, como lle augura Poliméstor, xa cego (e, polo tanto, posuidor de propiedades adiviñatorias): "Chegarás a ser unha cadela de acendida mirada"Eurípides: Hécuba 1265.. Pero Ovidio fai constar que mesmo a deusa Hera declarara que Hécuba non merecera tal final.
Por esta transformación en cadela, Hécuba recibe a partir deste momento o nome de Mera, relacionada coa deusa da morte HécateGraves, px. 289..
Hixino dános un final diferente. Poliméstor e Ilíone (lémbrese, filla de Príame e Hécuba) criaron a Polidoro como fillo propio, xunto ó seu fillo Deípilo. Cando os gregos tomaron Troia, ansiosos de acabar con toda a descendencia de Príamo, ofreceron a Poliméstor a man dunha filla de Agamenón e unha gran cantidade de ouro se mataba a Polidoro. Poliméstor aceptou pero matou, por erro, ó seu propio fillo Deípilo. Co tempo, Polidoro foi consultar no oráculo de Delfos polos seus pais, e recibiu como resposta que o seu pai morrera e a súa nai convertida en escrava. Cando regresou a Tracia e veu que nada diso era verdade, pois considerábase fillo de Poliméstor, pediu explicacións a Ilíone e esta lle contou a verdade: que eran irmáns, que os pais do que falaba o oráculo eran Príamo e Hécuba e que Poliméstor intentou matalo, por diñeiro. En vinganza, os dous irmáns cegaron e mataron a PoliméstorHixino 109; Graves, px. 761..