A Universidade Tufts (en inglés: Tufts University) é unha universidade privada situada en Somerville/Medford, preto de Boston, Massachusetts (Estados Unidos). Fundouse en 1852.

Os antigos alumnos, profesores e afiliados de Tufts inclúen tres premios Nobel, doce gañadores do premio Pulitzer, cinco gobernadores estatais, dous senadores dos Estados Unidos, catro gañadores do premio Emmy e tres gañadores do premio da Academia.

Historia Foi fundado como Tufts College en 1852, pola Igrexa Universalista de América, despois de que Charles Tufts donase os terreos de Walnut Hill, a zona máis elevada de Mdeford, para o campus. Porén, non comezou a funcionar de xeito ordinario até o outono de 1854, inicialmente, con 30 estudantes e o 22 de agosto de 1855, se celebrou, oficialmente a inauguración.

En 1892, converteuse nunha institución mixta na que homes e mulleres recibían formación conxuntamente, mais o comedor e o aloxamento estaban separados.

En 1954, mudou a denominación pola actual de Universidade Tufts, para manifestar a súa expansión.

Facultades e Escolas A universidade está organizada en dez facultades e escolas, das cales seis escolas son exclusivamente de posgrao, unha facultade é exclusivamente de grao e o resto ofrecen programas de grao e posgrao.

Facultades de Pregrao e Posgrao

Facultade de Artes e Ciencias (School of Arts and Sciences) Escola de Enxeñaría (School of Engineering) Facultade de Cidadanía e Servizo Público Jonathan M. Tisch (Jonathan M. Tisch College of Citizenship and Public Service)

Facultade exclusivamente de pregrao

Facultade de Estudos Especiais (College of Special Studies)

Facultades exclusivamente de posgrao

Escola de Dereito e Diplomacia Fletcher (Fletcher School of Law and Diplomacy) Escola de Medicina (School of Medicine) Escola de Medicina Dental (School of Dental Medicine) Escola de Medicina Veterinaria Cummings (Cummings School of Veterinary Medicine) Escola de Posgrao en Ciencias Biomédicas Sackler (Sackler School of Graduate Biomedical Sciences) Escola de Ciencia e Política Nutricional Gerald J. e Dorothy R. Friedman (Gerald J. and Dorothy R. Friedman School of Nutrition Science and Policy)

Campus Ten tres campus, dos que o principal está situado en Somerville/Medford, a 8 km de Boston. O segundo, está situado no barrio de Chinatown de Boston, que acolle as escolas de Medicina Gerald J. e Dorothy R. Friedman, Medicina Dental, Ciencias Biomédicas Sackler e Ciencias e Políticas Nutricionais. O terceiro, está situado en Grafton e alberga a Cummings School of Veterinary Medicine. Por último, en Talloires (Francia) mantén un campus para os seus cursos de verán.

A universidade enfatiza o servizo público en tódalas súas disciplinas sendo coñecida polo seu internacionalismo, así como polos seus programas de intercambio de estudantes.

Antigos alumnos destacados

Eugene Fama, economista, gañador do Premio Nobel de Economía en 2013. Pierre Omidyar, creador de eBay. Norbert Wiener, matemático, fundador da cibernética. Juan Luis González Alcántara Carrancá, avogado, ministro da Suprema Corte de Xusticia da Nación en México. Tracy Chapman, cantautora estadounidense.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Universidade Tufts