Álvaro Ramón Álvarez, nado en Ponferrada o 6 de abril de 2000, é un futbolista español, que xoga como lateral esquerdo na Ponferradina, da Primeira División RFEF.

Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol no Cuatrovientos de Ponferrada, no que militou ata o segundo ano de infantil, cando ingresou na canteira da Ponferradina. En 2017 pasou ao equipo xuvenil do Celta de Vigo, da División de Honra, no que xogou durante dous anos. Na tempada 2019/20 debutou co equipo filial na Segunda División B, con escaso protagonismo, xogando só dous partidos.

Para a tempada 2020/21 saíu cedido ao Navalcarnero, onde xogou durante un ano, antes de fichar polo Mérida. No equipo estremeño fíxose coa titularidade e participou do ascenso do equipo á Primeira División RFEF, na que debutou na seguinte tempada, sendo un dos fixos nas aliñacións titulares.

No verán de 2023 deixou Mérida e fichou polo Arenteiro, que viña de ascender á mesma categoría. Titular indiscutible no equipo galego, disputou un total de 36 encontros, saíndo dende o inicio en todos agás dous, e anotou dous goles. En xuño de 2024 regresou á súa cidade e á Ponferradina, club en cuxa canteira se formara.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente.com .

Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Ponferrada Categoría:Futbolistas de Castela e León Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do CDA Navalcarnero Categoría:Xogadores do Mérida AD Categoría:Xogadores do CD Arenteiro Categoría:Xogadores da SD Ponferradina