A Leu-encefalina ou leu-encefalina é un péptido opiáceo endóxeno neurotransmisor coa secuencia de aminoácidos Tyr-Gly-Gly-Phe-Leu, que se atopa de forma natural nos cerebros de moitos animais, incluíndo os humanos. É unha das dúas formas de encefalina existentes; a outra é a Met-encefalina. O residuo de tirosina na posición 1 pénsase que é análogo ao grupo 3-hidroxilo da morfina. A Leu-encefalina ten accións agonistas tanto no receptor opiáceo μ coma no receptor opiáceo δ, cunha preferencia significativamente maior polo último. Non ten efecto sobre o receptor opiáceo κ.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Encefalina Met-encefalina
Categoría:Péptidos opiáceos