Darkside, a miúdo estilizada como DARSKSIDE, é unha banda estadounidense da tendencia do indie rock-psych rock e downtempo, creada como o proxecto do dúo de músicos profesionais Dave Harrington e o músico electrónico chileno Nicolás Jaar. En directo e como colaborador habitual nas gravacións contan co batería Tlacael Esparza.
Fundada en 2011, cando Nicolás Jaar estaba xirando por Europa co seu proxecto individual “Space is only noise” acompañado dos seus amigos Dave Harrington e Will Epstein. Nos concertos de Berlín Dave e Nicolás comezaron as gravacións do que sería o primeiro EP de Darkside, homónimo, na súa habitación de hotel, o EP foi publicado ese ano baixo o selo creado polo propio Nicolás e Nikita Quasim, Clown and Sunset. O EP foi reseñado por Pitchfork Media os cales categorizábano como electrónica bluseira. O 20 de xuño de 2013 suben a Soundcloud, baixo o alcume Daftside, unha serie de remixes do álbum completo Random Access Memories de Daft Punk. En 2013 publican o disco Psychic, no 2020 Spiral, ambos co selo Matador Records, nesta nova etapa a banda pivota a un son de guitarra do rock independente e voces e arranxos propios do downbeat.
340px|dereita|miniatura|Posta en escena de Darkside nun concerto en Matosinhos, ano 2023.
Discografía Álbums e EP
2011- Darkside EP (Clown and Sunset) 2013- Psychic (Other People, Matador) 2020- PSYCHIC LIVE JULY 17 2014 (Other People, álbum de concertos en directo) 2021- Spiral (Matador) 2023- Live at Spiral House (Matador)
Remixes
Daft Punk – "Random Access Memories Memories" (2013) (Publicado co nome de banda Daftside) St. Vincent – "Digital Witness" (2014)
Notas
Ligazóns externas Darkside no Primavera Sound
Categoría:Grupos musicais de Providence, Rhode Island Categoría:Grupos musicais formados en 2011
123456789