O municipio de Jelgava (en letón, Jelgavas novads) é un dos 36 municipios de Letonia. Os 36 municipios son resultado da última reorganización do territorio aprobada o 1 de xuño de 2021, norma que fusionou o municipio de Jelgava e o municipio de Ozolnieki, preservando o nome do primeiro.

Fronteira con Lituania ao sur e co municipio de Mārupe ao norte, forma parte da rexión histórica de Semigalia.

A xestión administrativa deste municipio exércese desde a cidade de Jelgava, mais a propia cidade non pertence ao municipio de Jelgava xa que a cidade conta cun rango de autonomía propio e o territorio do municipio circunvala os bordos da cidade.

Ten unha superficie de 1604,1 km² e unha poboación de 31 484 persoas a comezos de 2022. O Municipio cómponse das parroquias de Cenu, Eleja, Gluda, Jaunsvirlaukas, Kalnciem, Lielplatone, Livbērze, Ozolnieku, Platone, Salgale, Sesava, Svete, Valgunde, Vilce, Vircava e Zalenieki.

O municipio conserva vestixios de múltiples batallas ao longo da historia, da Orde Teutónica contra os pagáns semigaliáns, do 1566 durante as batallas do Ducado de Kurzeme e Zemgale, e na incorporación ao Imperio Ruso en 1795 ou no verán de 1944 durante a defensa soviética da cidade de Jelgava.

Xeografía e clima A parte norte do municipio sitúase na chaira areosa de Riga, próxima ás terras baixas costeiras, a parte sur está na chaira de Zemgale. O seu terreo está composto na súa maioría de carbonato de turba e turba podzólica. Os bosques ocupaban o 28% do territorio en 1982, porcentaxe lonxe da media do 50 % do país por unha maior abundancia de corpos de auga e vilas e pequenas cidades. O municipio está situado na conca do río Lielupe e está atravesado polos ríos Svete, Iecava, Misa, Svitene, Sesava, Vircava e Platone.

Temperatura media: -5,5 °C en xaneiro, 17 °C en xullo. A cantidade de precipitación é de 500 a 600 mm por ano.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Organización territorial de Letonia Rexións de Letonia

Jelgava