O cruceiro de capela de Pastoriza é un cruceiro de capela localizado na aldea de Pastoriza, na parroquia de Taragoña (Rianxo). Descrición
Está composto por unha plataforma cuadrangular de dous graos, sen pedestal. O seu fuste é de sección cadrada con chafráns decorados con caras. A capela está ornamentada con esferas, coa base moldurada con anxo con ás, tellado a catro augas, teito plano, e coa Virxe pregando no interior. A cruz ten os brazos con chafráns, remates florenzados con botón central e está recrucetada. O Cristo está crucificado coa cabeza ergueita e as mans abertas, leva coroa de espiñas. No reverso da Cruz, Virxe coroada orando coas mans xuntas sobre peaña de anxo con ás.
Categoría:Cruceiros de Rianxo Pastoriza Categoría:Rianxo sen imaxes