Ascensión Hernández Triviño ou Ascensión Hernández de León-Portilla, nada en Villanueva de la Serena (Badaxoz) o 2 de maio do 1940, é unha lingüista, filóloga, catedrática, investigadora e académica española radicada en México. As súas investigacións céntranse no estudo filolóxico das linguas mesoamericanas, especialmente do náhuatl.
Traxectoria Licenciouse pola Universidade de Sevilla, e obtivo o seu doutoramento pola Universidade Complutense de Madrid no 1986. Dende 1975, colabora co Instituto de Investigacións Filolóxicas da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM). É catedrática da Facultade de Filosofía e Letras da UNAM dende o 1987.
No 1964, durante o Congreso Internacional de Americanistas celebrado en Barcelona e Sevilla, coñeceu ao historiador mexicano Miguel León Portilla, co que casou o 3 de maio do ano seguinte no Real Mosteiro de Santa María de Guadalupe (Estremadura).
Hernández Triviño foi membro do Seminario de Cultura Náhuatl entre o 1978 e o 1995. Tamén pertence á Asociación de Lingüística e Filoloxía de América Latina, á Asociación Internacional de Hispanistas e á Asociación Mexicana de Lingüística Aplicada. Foi fundadora da Sociedade Mexicana de Historiografía Lingüística. O 23 de agosto do 2007, elixírona membro de número da Academia Mexicana da Lingua, tomando posesión da cadeira XXI o 22 de xaneiro do 2009. Fai parte da Comisión de Lexicografía da institución.
Obra Hernández Triviño escribiu estudos introdutorios, glosarios, capítulos en obras colectivas e artigos en revistas especializadas, publicadas en España, os Estados Unidos, Francia, Países Baixos e México. Entre os seus títulos, destacan:
España desde México: vida y testimonio de trasnterrados (1978) Tepuztlahcuilolli, impresos en náhuatl: historia y bibliografía (1988)
Notas
Véxase tamén
Categoría:Lingüistas de México Hernández Triviño, Ascensión Categoría:Nados en Villanueva de la Serena Categoría:Lingüistas da lingua náhuatl