O pobo xitano, pobo cigano ou pobo romaní é un grupo étnico que vive principalmente no sur e leste de Europa, Asia occidental, Latinoamérica, nos Estados Unidos de América e no Oriente Medio. Crese que a súa orixe provén das rexións indias do Rajasthan e do Panxab. Ó redor de 1050 comezaron as súas emigracións cara a Europa e ó norte de África a través do Irán.
Tradicionalmente os xitanos falan diversos dialectos da lingua romaní, unha lingua indoariana. A día de hoxe, a maioría dos xitanos falan a lingua dominante na súa rexión de residencia.
Segundo o censo de 2000, en Galicia había unha comunidade xitana duns 9.000 individuos. En España a comunidade xitana é moito maior, duns 600.000, asentada principalmente nas comunidades de Andalucía, Madrid e Cataluña.
O 8 de abril celébrase o Día Internacional do Pobo Xitano."El pueblo gitano celebra su día internacional", en La Voz de Galicia, supl. La Voz de la Escuela 8.04.2015 A data conmemora o primeiro Congreso Mundial romaní/xitano celebrado en Londres o 8 de abril de 1971, no que se instituíu a bandeira e o himno xitano.
O Goberno de España declarou o ano 2025 como Ano do Pobo Xitano para conmemorar a súa chegada á península ibérica hai 600 anos. O obxectivo desta declaración foi avanzar cara o recoñecemento e reparación histórica desta etnia, e a escolla da data tomou como referencia o salvoconduto concedido por Afonso V de Aragón en 1425 a un grupo de xitanos para que puidesen viaxar libremente polos seus reinos."La Voz de la escuela", suplemento semanal de La Voz de Galicia, 26.03.2025.
Historia
250px|miniatura|Bandeira do pobo xitano A palabra "xitano" procede de "exiptano", porque no século XV se pensaba que os xitanos procedían de alí. Cando penetraron en Europa, moitos grupos de xitanos presentábanse a si como "nobres exipcianos"; así en 1425, dous rom pediron un salvoconduto ao rei Xoán II de Aragón, no que se facían chamar "condes do Exipto Menor". A palabra "calé" parece proceder do hindustano kâla, que significa "negro". miniatura|dereita miniatura|dereita
Notas
Véxase tamén Outros artigos Bandeira xitana Himno xitano
Categoría:Pobo xitano Categoría:Grupos étnicos de Europa