Leave the World Behind é un filme estadounidense de 2023 escrito e dirixido por Sam Esmail. Baséase na novela homónima de 2020 de Rumaan Alam. Está protagonizado por Julia Roberts, Mahershala Ali, Ethan Hawke, Myha'la e Kevin Bacon. O filme conta como unha familia tenta dar sentido ao progresivo apagado da tecnoloxía dos teléfonos, a televisión e outras de uso habitual que poderían indicar un posible cataclismo.

Leave the World Behind estreouse internacionalmente no AFI Fest o 25 de outubro de 2023. Tivo unha estrea limitada nalgúns cinemas dos Estados Unidos o 22 de novembro de 2023 antes de estrearse en liña a través de Netflix o 8 de decembro de 2023, onde conta con versión subtitulada en galego. Recibiu valoracións positivas por parte da crítica.

Personaxes Julia Roberts como Amanda Sandford Mahershala Ali como G.H. Scott Ethan Hawke como Clay Sandford Myha'la como Ruth Scott Farrah Mackenzie como Rose Sandford Charlie Evans como Archie Sandford Kevin Bacon como Danny Vanessa Aspillaga como Salvadora

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Sam Esmail Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes apocalípticos Categoría:Filmes de catástrofes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados no estado de Nova York Categoría:Filmes de Netflix Categoría:Filmes de 2023 con versión en galego