Acontecementos 3 de xaneiro: Austria, Gran Bretaña e Francia forman unha alianza defensiva secreta contra Prusia e Rusia. 18 de xuño: Napoleón Bonaparte é derrotado na Batalla de Waterloo polas tropas inglesas e prusianas do Duque de Wellington O arquitecto galego Melchor de Prado Mariño é despedido como mestre de obras da catedral de Santiago de Compostela, polas súas ideas liberais. 5 de abril-12 de abril - O Monte Tambora nas Indias Orientais Holandesas lanza o seu cumio nunha explosión durante unha erución, matando máis de 92000 persoas e botando miles de toneladas de aerosois (compostos de gas sulfido) á atmosfera (estratosfera). O alto nivel de gases reflectiu a luz do sol e causou un grande arrefriamento (coñecido como inverno volcánico) e fortes choivas en 1816, causou nevaradas en xuño e xullo no hemisferio norte, a perda das colleitas e a subsecuente fame negra, polo que 1816 chegou a ser coñecido como o ano sen verán. William Prout fixo a hipótese de que toda a materia está constituída de hidróxeno.

Nacementos 11 de xaneiro - John Alexander Macdonald, primeiro ministro do Canadá (m. 1891). 15 de xullo - Enrique Gil y Carrasco, escritor romántico berciano. 16 de agosto - San Xoán Bosco, sacerdote italiano, fundador dos salesianos.

11 de outubro - Antonia Vila, impresora e editora galega (m. 1870).

2 de novembro - George Boole, filósofo e matemático irlandés.

21 de decembro - Thomas Couture, pintor francés. 23 de decembro - Ildefons Cerdà, enxeñeiro, urbanista e político catalán.

Mortes 24 de febreiro - Robert Fulton, inventor estadounidense (n. 1765). 7 de marzo - Francesco Bartolozzi, gravador italiano (n. 1727). 3 de outubro - Juan Díaz Porlier, xeneral español, executado por conspiración contra o absolutismo de Fernando VII de España (n. 1788). 22 de decembro - José María Morelos, sacerdote e patriota mexicano, afusilado (n. 1765).

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1815