miniatura|Lanzamento fallado do SLDCOM 3. SLDCOM (Satellite Launch Dispenser Communications) foi unha serie de satélites artificiais de comunicacións dos Estados Unidos
Características Os satélites SLDCOM eran realmente a estrutura dos dispensadores dos foguetes Titan IV para os satélites NOSS 2 (denominada tecnicamente TLD, Titan Launch Dispenser) cunha electrónica de comunicacións por UHF. Despois de liberar os satélites NOSS 2, os SLDCOM manobraba ata chegar a unha órbita de 1100 km de perixeo e 9000 km de apoxeo, cunha inclinación orbital de 64,3°. A axencia responsable dos SLDCOM era a Oficina Nacional de Recoñecemento (NRO). Lanzáronse catro, dos cales tres chegaron a órbita con éxito, formando unha constelación que daba cobertura case continua ao hemisferio norte para dar soporte a servizos militares e gobernamentais.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasSLDCOM 18 de xuño de 1990Titan IVÉxitoSLDCOM 28 de novembro de 1991Titan IVÉxitoSLDCOM 32 de agosto de 1993Titan IVFalloSLDCOM 412 de maio de 1996Titan IVÉxito
Notas
Véxase tamén Outros artigos Titan IV
Categoría:Satélites artificiais