Narsaq é unha vila do concello de Kujalleq, no sur de Groenlandia. O nome Narsaq signica "chaira" en lingua groenlandesa, referíndose á costa do fiorde de Tunulliarfik onde se atopa a localidade.

Demografía Con 1 346 habitantes en 2020, Narsaq é a segunda vila máis poboada do concello de Kujalleq. A poboación diminuíu un 25% con respecto aos niveis de 1990, e seguiu diminuíndo nos últimos anos. A maioría das vilas e asentamentos do sur de Groenlandia presentan patróns de crecemento negativos nas últimas dúas décadas, con moitos asentamentos despoboándose rapidamente.Statistics Greenland, Population in localities

Notas

Véxase tamén

Categoría:Cidades e vilas de Groenlandia