Miguel Román González, nado en Gondomar o 26 de decembro de 2002, é un futbolista galego, que xoga como centrocampista no Celta Fortuna, da Primeira División RFEF.
Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol aos 5 anos nas categorías inferiores do Gondomar da súa vila natal, pasando logo pola canteira do Rápido de Bouzas. No seu último ano de xuvenil fichou polo Choco, co que xogou na División de Honra.
En 2021 fichou polo Pontevedra, co que logrou o ascenso á Primeira División RFEF na súa primeira tempada tras proclamarse campión do Grupo I. Contribuíu con 28 partidos, 25 deles como titular, e un gol fronte ao Langreo en Pasarón. Continuou como titular indiscutible na seguinte campaña, na que sumou un total de 41 encontros, saíndo dende o once inicial en todos agás un, pero o equipo acabou descendendo. No verán de 2023, tras rematar o seu contrato co club granate, fichou polo Celta Fortuna.
Notas
Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados en Gondomar Categoría:Futbolistas de Gondomar Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B