Zheng Guangzu (chinés tradicional: 鄭光祖; chinés simplificado: 郑光祖; pinyin: Zhèng Guāngzǔ; Wade-Giles: Cheng4 Kuang1-tsu3), nome de cortesía De Hui 德輝, nado en Pingyang (actual Hongchao, na provincia de Shanxi) no 1260 e finado arredor do 1320, foi un dramaturgo chinés da dinastía Yuan. Está considerado un dos catro grandes dramaturgos de Yuan, xunto con Bai Renfu, Guan Hanqing e Ma Zhiyuan.
Obra Zheng Guangzu foi un dos autores máis celebrados do seu tempo. Viviu durante o segundo período de florecemento do zaju 雜劇, a opera chinesa máis popular da dinastía Yuan, e tamén durante o auxe do sanqu 散曲, un xénero poético que destaca polo seu estilo tonal fixo. Xunto con outros dramaturgos, Zheng favoreceu a recuperación do interese polo zaju no sur da China, particularmente en Hangzhou, onde traballou como funcionario.
Atribúenselle dezaoito dramas, dos cales só se conservan oito. Destacan os seguintes:
Zhougong shezheng 周公攝政 ("A rexencia do duque de Zhou"). Wang can deng lou 王粲登樓 ("Wang Can ascende a torre"). Hanlin Fengyue 翰林風月 ("O vento e a lúa na academia de Hanlin"). Qiannü lihun 倩女離魂 ("O espírito de Qiannü abandona o seu corpo").
O último destes títulos, Qiannü lihun, é o máis coñecido do autor. Inspirou multitude de dramas posteriores, especialmente os da dinastía Ming, como Mudan ting 牡丹亭 ("O pavillón das peonias") de Tang Xianzu.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Zheng Guangzu (La literatura china traducida en España)
Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Finados no século XIV Categoría:Nados en 1260 Categoría:Escritores da China Categoría:Escritores en lingua chinesa