Avannaata (en groenlandés: Avannaata Kommunia) é un concello situado na costa noroeste de Groenlandia, operativo dende o 1 de xaneiro de 2018 trala partición do antigo concello de Qaasuitsup. A súa capital atópase na vila de Ilulissat. En 2021 tiña 10 820 habitantes.

Xeografía Avannaata limita polo sur co concello de Qeqertalik. No sueste, limita co de Sermersooq, pero esta fronteira vai de norte a sur polo centro da capa de xeo de Groenlandia e, como tal, está libre de tráfico. No leste e nordés limita co Parque Nacional do Nordeste de Groenlandia.

No extremo sur da costa municipal atópanse as augas da baía de Disko, aínda que algunhas comunidades da baía de Disko pertencen ao municipio de Qeqertalik. Esta baía é unha entrada da meirande baía de Baffin, que cara ao norte bordea a illa de Groenlandia e forma a baía de Melville. A costa do nordeste da baía de Baffin está salpicada de illas do arquipélago de Upernavik, que está enteiramente contido dentro do municipio. No extremo noroeste, preto de Qaanaaq e Siorapaluk, as costas municipais esténdense ata o estreito de Nares, que separa Groenlandia da illa Ellesmere (que pertence ao Canadá).

Vilas e asentamentos Área de Ilulissat Ilulissat Ilimanaq Oqaatsut Qeqertaq Saqqaq

Área de Qaanaaq Qaanaaq Qeqertat Savissivik Siorapaluk

Área de Uummannaq Uummannaq Ikerasak Illorsuit Niaqornat Nuugaatsiaq Qaarsut Saattut Ukkusissat

Área de Upernavik Upernavik Aappilattoq Innaarsuit Kangersuatsiaq Kullorsuaq Naajaat Nutaarmiut Nuussuaq Tasiusaq Tussaaq Upernavik Kujalleq

Notas

Véxase tamén

Categoría:Concellos de Groenlandia