, nado o 22 de xullo do 1642 e finado o 2 de xullo do 1711, foi un político e erudito chinés da dinastía Qing. Foi un dos editores principais do Kangxi zidian e do Peiwen yunfu, xunto con Chen Tingjing.
Traxectoria Primeiros anos Nado en Dantu (provincia de Jiangsu), Zhang Yushu aprobou os exames imperiais no 1661, obtendo o grao de jinshi 進士. Foi destinado á Academia Hanlin, e ascendido ao rango de compilador tres anos despois. Mantivo o posto durante doce anos, até que o nomearon titor da Academia Imperial. Alí, foi director xeral da Xunta de Historia dende o 1679, e tivo o encargo de axudar a editar a Mingshi 明史 (Historia dos Ming, 1739), xunto con Ye Fang'ai e Xu Yuanwen.
Carreira política A continuación, foi ascendido a expositor da academia Hanlin e, no 1681, a reitor da Gran Secretaría. No 1684, foi nomeado vicepresidente do Ministerio de Ritos, pero mantendo tamén o seu posto na academia Hanlin. No mesmo ano, faleceu o seu pai, polo que Zhang Yushu se retirou da vida pública para respectar o período de loito. No 1687, regresou ao servizo público como Ministro de Xustiza. Dous anos despois, converteuse en Ministro dos Ritos. Durante esta época, visitou Gaoyao con Xiong Cili para inspeccionar os traballos de conservación do río. No 1690, foi nomeado Gran Secretario do Salón Wenhua e Ministrio de Finanzas.
Campañas militares No 1696, viaxou por Mongolia co emperador Kangxi na súa expedición contra Galdan. Ao ano seguinte, xunto cos Grandes Secretarios Li Tianfu e Xiong Cili, encargóuselle a compilación do Pingding shuomo fang lüe 平定朔漠方略, un rexistro oficial das campañas militares dos Qing contra os zúngaros. Zhang tivo que retirarsd no 1698 a causa do loito polo pasamento da súa nai, mais volveu ao traballo no 1700. Uniuse á cuarta campaña do emperador cara ao sur no 1703, e trasladouse con el a Rehe no 1708, redactando unha lista dos dominios do gobernante na rexión.
Últimos anos Os seus últimos anos investiunos na edición do Peiwen yunfu e do Kangxi zidian. Faleceu no 1711, mentres acompañaba ao emperador a Jehol. Zhang recibiu o nome honorífico póstumo de Wenzhen (文貞), que foi incluído no Templo de Homes de Estado Eminentes durante o reinado de Yongzheng.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Peiwen yunfu 佩文韻府 (Internet Archive) Kangxi zidian 康熙字典 (Chinese Text Project)
Categoría:Finados en 1711 Categoría:Nados en 1642 Categoría:Escritores da China Categoría:Escritores en lingua chinesa Categoría:Literatura da dinastía Qing