300px|Ermida de El Rocío|miniatura A romaría de El Rocío é unha manifestación de relixiosidade popular en honor da Virxe do Rocío. Celébrase o luns posterior ao domingo de Pentecoste. A ermida onde se atopa a Virxe áchase no poboado almonteño de El Rocío, na provincia de Huelva. A irmandade de Almonte é a encargada de organizar os cultos e romaría da Virxe.
Está declarada festa de interese turístico internacional.
A romaría Tras percorrer en romaría, a miúdo dacabalo, parte do parque de Doñana, unha inmensa multitude de devotos chegan ás portas da ermida, onde á hora prevista realizan o que popularmente chaman "o salto da reixa". A continuación, os almonteños loitan por tocar a Virxe que chaman "Branca Pomba" e lévana ao carricho pola aldea. O traxecto percorre as distintas irmandades desde onde algúns sacerdotes rézanlle sálvea, acompañados polo pobo rociero.
A romaría do Rocío é unha das romarías máis famosas e multitudinarias que existen. Ten máis de 100 irmandadesRelación de irmandades, e entre as persoas ilustres que a visitaron atópase o defunto Papa Xoán Paulo II o 14 de xuño de 1993.O PapaXoán Paulo II e o Rocío
A saída da Virxe do Rocío na madrugada do Luns de Pentecoste realízase tras acabar o rezo do Santo Rosario que comeza a media noite, pasando todos os simpecados por diante da ermida ata que chega o da irmandade matriz de Almonte, que entra na ermida e debe chegar ao presbiterio, sendo nese instante cando se produce o salto do enreixado. Por todo isto, nunca pode predicirse con exactitude a hora de saída da Virxe.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Ermida de El Rocío
Ligazóns externas Irmandade Matriz de Almonte Portal de El Rocío Portal de noticias rocieiras Portal da Virxe do Rocío ROCIO Centro de Estudios Rocieros
Categoría:Almonte Rocio Categoría:Festas de interese turístico internacional de España Categoría:Catolicismo en España Categoría:Festas cristiás Categoría:Peregrinación