Soiuz MS-15 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 25 de setembro de 2019 mediante o último foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz MS-15, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Oleg Skripochka, Jessica Meir e Hazzaa Ali Almansoori a bordo (a tripulación de respaldo eran Sergei Rizhikov, Thomas Marshburn e Sultan Al-Neyadi), foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A Soiuz chegou á estación seguindo unha traxectoria rápida de seis horas e media, acoplándose ao módulo Zvezda e coa tripulación uníndose aos membros das Soiuz MS-12 e MS-13 xa a bordo. O asento de Almansoori foi movido da Soiuz MS-15 á MS-12, xa que volvería nesta nave.

Tras 205 días en órbita, a Soiuz MS-15 desacoplouse do módulo Zvezda o 17 de abril de 2020 con Skripochka e Meir a bordo. A Soiuz 15 aterrou a 147 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Kazakhstán).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz FG Estación Espacial Internacional

Categoría:Programa Soiuz