Conrad Heinrich Küchler, nado en Flandres cara a 1740 e finado en Handsworth, Midlands do Oeste, en 1810, foi un medallista alemán que desde 1793 ata a súa morte traballou como deseñador e gravador de moedas e medallas para Matthew Boulton na Ceca de Soho.
Traxectoria
Küchler naceu en Flandres ca. 1740,Dickinson ,H. W. (2010). Matthew Boulton. Cambridge University Press. Páxina 147. ISBN 978-1-108-01224-9 e inicialmente traballou en Alemaña como gravador de cuños en Darmstadt, entre 1763 e 1772, en Mannheim en 1766 e en Frankfurt en 1775, e logo tamén en Francia.Forrer, L. (1907). Páxina 234.
miniatura|260x260px|Moeda de dous peniques de 1797."2 Pence - George III". Numista.com miniatura|260x260px|Dólar (5 xilins) do Banco de Inglaterra (1804)."1 Dollar - George III Bank of England Token". Numista.com miniatura|260x260px|Penique da Illa de Man (1813)."Isle of Man. 1 Penny - George III". Numista.com
Küchler Chegou a Inglaterra cara a 1790 e en 1793 foi contratado por Matthew Boulton como medallista e gravador de moedas para a súa compañía Soho Mint,"Küchler, Conrad Heinrich". En Münzen Lexikon (Reppa.de). probablemente para ocupar o posto que deixara vacante o francés Jean Pierre Droz. El foi o único artista do que se valeu Boulton para o deseño e o gravado dos cuños, e foi o creador de moi diversas moedas, medallas e fichas comerciais privadas (tokens), entre elas as moedas de cobre oficiais a nome de Xurxo III (1760-1820) —desde o farthing ata os dous peniques—, o dólar do Banco de Inglaterra —cuñado sobre reais de oito españois— e as medallas emitidas en conmemoración da batalla de Trafalgar, ou na honra de Luís XVI e María Antonieta.
Durante a súa etapa na Soho Mint de Birmingham, Kiichler gravou os cuños para un gran número de moedas e medallas non só inglesas, senón tamén irlandesas, dinamarquesas, rusas, portuguesas e doutros países.Forrer, L. (1907). Páxinas 235-243.Moedas creadas por Küchler. Numista.com Nos seus traballos adoitaba gravar as súas iniciais a modo de sinatura de artista, con distintas formas: H.C.; KUCHLER FEC. ; C. H. K. FECIT ou C. H. K, entre outras.Forrer, L. (1907). Páxina 242.
Küchler foi o creador de polo menos tres dos retratos do anverso utilizados na moeda británica ao longo do reinado de Xurxo III. Máis tarde deixou a Ceca de Soho, mais seguiu a traballar para a empresa de Boulton en Londres ata a súa morte.
Conrad Heinrich Küchler finou en Handsworth, na periferia urbana de Birmingham en 1810, e o seu corpo foi soterrado no cemiterio desa Localidade.Harman, T. T. (1885). Páxina 184.
Samuel Timmins referíase así en 1866 á figura de Conrad Heinrich Küchler:Timmins, S. (1866). Páxina 564.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ceca de Soho
Bibliografía
Forrer, L. (1907). "Küchler, Conrad Heinrich". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol .III. Spink & Son, Londres. Páxinas 234-243. Harman, T. T. (1885). "Küchler, C. H.". En Showell's Dictionary of Birmingham. Birmingham. Páxinas 183-184. Pollard, J. G. (1970). "Matthew Boulton and Conrad Heinrich Küchler". En The Numismatic Chronicle. Royal Numismatic Society. Vol. 10. Páxinas 259-318. Timmins, S. (1866). Birmingham and the Midland Hardware District. Hardwicke, Londres
Categoría:Nados en 1740 Categoría:Nados en Flandres Categoría:Finados en 1810 Categoría:Deseñadores de moeda do Reino Unido Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Artistas de Alemaña Categoría:Medallas Categoría:Personalidades sen imaxes