Abrazar, estender e extinguir (Embrace, extend and extinguish en inglés) Containing Microsoft, artigo onde se recolle a expresión., ás veces Abrazar, estender e exterminar ou, máis simplemente, Abrazar e estender, é un slogan aparentemente utilizado internamente por Microsoft Corporation para describir a súa estratexia de introdución de produtos, utilizando estándares amplamente utilizados, para estender eses estándares con solucións propietarias e finalmente utilizar esas diferenzas e a súa posición no mercado en detrimento da competencia Definición , en Nation Master. A frase apareceu nunha canción dun empregado anónimo de Microsoft e foi utilizada durante a "guerra dos navegadores" para enfrontarse a Netscape, Java e a Internet.
A estratexia Esta suposta estratexia ten tres fases: Abrazar: Desenvolver software esencialmente compatíbel co dun produto da competencia ou un estándar público. Estender: Engadir e promover características que non fan parte do estándar ou que non ten a competencia, creándolles intencionadamente problemas de interoperabilidade aos usuarios que pretendan ser neutrais. Extinguir: Cando as extensión se converten nun estándar de facto por causa do seu dominio do mercado, marxinalízanse os competidores que non utilicen as extensións de Microsoft e créanse obstáculos para os novos competidores.
O Departamento de Xustiza dos Estados Unidos e os opositores a Microsoft Nova en ZDNet ; "O vicepresidente de Intel, Steven McGeady, testificou a tarde do luns contra a parella empresarial máis imporante da súa compañía, acusando a Microsoft de negar aos consumidores o acceso a novas tecnoloxías por mor do férreo control do seu monopolio no sistema operativo de ordenadores persoais". aseguran que o obxectivo desta estratexia é lograr o monopolio nunha categoría de produtos. Microsoft afirma que a estratexia non é anticompetitiva senón un exercicio da súa capacidade de innovación.
Exemplos Durante a "guerra dos navegadores", Microsoft engadiu a posibilidade de que o Internet Explorer funcionase cos controis ActiveX para rachar a compatibilidade con Netscape Navigator, que utilizaba compoñentes baseados en Java e nun sistema de extensións propios. A respecto de Java, Microsoft omitiu a Interface Nativa de Java e incluíu J/Direct para a mesma función co fin de evitar que se convertese na plataforma de desenvolvemento principal en Windows.
As distintas versións do Internet Explorer non seguen as normas padrón de HTML tal e como as enuncia o World Wide Web Consortium.
Notas
Categoría:Microsoft Categoría:Economía