Nokia é un fabricante de teléfonos móbiles finlandés, ademais dunha das principais empresas do sector das telecomunicacións. Con sede en Espoo (Finlandia), Nokia é unha das marcas máis coñecidas dentro e fóra da Unión Europea.
Nokia tamén produce infraestrutura para redes de telefonía móbil e outros equipamentos de telecomunicacións para aplicacións como a telefonía tradicional por voz, RDSI, acceso a Internet por banda larga, radio profesional móbil, Voz IP, e unha liña de receptores de satélite.
Historia miniatura|Sede de Nokia en Espoo, Finlandia. miniatura|Transmisores GSM Nokia. A actual Nokia é o resultado da fusión de empresas centenarias procedentes de diferentes sectores da industria finlandesa.
Cronoloxía 1865, o enxeñeiro de minas Fredrik Idestam establece unha empresa de industria forestal para a produción de papel no suroeste de Finlandia. 1898, a empresa crea a fábrica procesadora de caucho « Finnish Rubber Works Ltd » na cidade de Nokia e adopta o nome da mesma como a súa marca comercial. 1912, fúndase a « Finnish Cable Works » dedicada á fabricación de cables para a industria de telégrafo e a produción de teléfonos. Esta empresa foi adquirida por Nokia tralo fin da segunda guerra mundial. 1960, créase un Departamento Electrónico na fábrica de cables. 1963, Nokia produce un radioteléfono. 1965, primeiro procesador para os módems de datos. 1967, Nokia Corporación formase oficialmente mediante a fusión de Nokia Company (o negocio orixinal de fabricación de papel) con Finnish Rubber Works e Finnish Cable Works. Anos 1970, Nokia desenvolve a DX 200, unha central telefónica de conmutación dixital. Anos 1980, a primeira rede internacional de telefonía móbil celular, NMT, introdúcese en Escandinavia en 1981 e Nokia fabrica para esta os primeiros teléfonos de uso en automóbiles. 1987, Nokia adquire as operacións de produtos electrónicos e parte dos negocios de compoñentes da German Standard Elektrik Lorenz e a compañía de produtos electrónicos Oceanic de Francia. Ese mesmo ano produce o primeiro ordenador portátil. 1989, Nokia expande a súa industria do cable en Europa adquirindo a compañía de cable NKF dos Países Baixos.
Produtos destacados miniatura|Terminal de Nokia para TDT. 3200 5140 5140i 6600 6630 6680 6681 7650 Lista de móbiles serie "N" N70 N71 N72 N73 N80 N90 N91 N92 N93 N95.
Véxase tamén IGB Eletrônica Ligazóns externas Sitio web internacional de Nokia
Categoría:Empresas de Finlandia Categoría:Empresas de telecomunicacións Categoría:Empresas de telefonía móbil