José Manuel Fernández de Labastida y del Olmo, nado en Madrid o 10 de marzo de 1958, é un catedrático de universidade e investigador español. En 2024 ingresou na Real Academia Galega de Ciencias.

Traxectoria Licenciouse en Física na Universidade Autónoma de Madrid e doutorouse na Universidade Estatal de Nova York en Stony Brook (EUA). É catedrático de Física Teórica na Universidade de Santiago de Compostela. Foi decano da facultade de Física e director da Escola de Doutoramento da USC. Ten traballado en Teoría cuántica de campos, Teoría de cordas, Teoría de nós e Teorías cuánticas de campos topolóxicos. Colaborou co Institute for Advanced Study (Princeton) e o CERN (Laboratorio Europeo de Física de Partículas).

Foi Subdirector Xeral de Proxectos e Investigación no Ministerio de Ciencia e Tecnoloxia, Vicepresidente de Investigación Científica e Técnica do Consello Superior de Investigacións Científicas, Secretario Xeral de Política Científica e Tecnolóxica e Director Xeral de Investigación e Xestión do Plan Nacional de I+D+i no Ministerio de Ciencia e Innovación. Foi director da División Científica do Consello Europeo de Investigación (ERC). Desde 2021 é xefe da Unidade de Apoio ao Consello Científico do ERC.

É autor de numerosas publicacións en revistas especializadas e libros colectivos.

Premios

2008: Premio de Física da Real Sociedade Española de Física-Fundación BBVA.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1958 Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Madrid Categoría:Físicos de España Categoría:Membros da Real Academia Galega das Ciencias Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Nova York