Kosmos 212 ou Cosmos 212 foi unha misión espacial soviética lanzada sen tripulación o 14 de abril de 1968 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Kosmos 212 foi unha Soiuz modelo 7K-OK de tipo pasivo lanzada a órbita sen tripulación para facer diferentes probas en órbita xunto con Kosmos 213 (unha Soiuz 7K-OK de tipo activo). Despois da traxedia da Soiuz 1 a Unión Soviética retomou as probas non tripuladas das naves Soiuz. Despois da proba non tripulada da parella Kosmos 186-Kosmos 188 lanzáronse as Kosmos 212 e 213. A primeira en engalar foi Kosmos 212, seguida un día máis tarde por Kosmos 213. Tras so 47 minutos despois da engalaxe da última, as dúas naves acopláronse con éxito automaticamente e sen problemas, froito das leccións aprendidas das anteriores misións, cheas de incidentes, incluíndo a morte de Vladimir Komarov na Soiuz 1.

A Kosmos 212 regresou a terra de maneira controlada o 19 de abril usando o sistema de de control de aterraxe por primeira vez con éxito, que permite á cápsula Soiuz certo grao de planeo, reducindo a forza G na reentrada atmosférica e mellora a precisión na aterraxe. A cápsula tomou terra a 20 km ao suroeste da cidade de Maikolna, aínda que foi arrastrada durante cinco quilómetros polos fortes ventos da zona debido a que neste voo o sistema de desacoplamento do paracaídas unha vez en terra estaba desactivado.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Soiuz 11A511 Kosmos 213

Categoría:Programa Soiuz