Soiuz T-1 foi unha misión espacial soviética lanzada sen tripulación o 16 de decembro de 1979 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz T-1 foi a primeira Soiuz T lanzada a órbita. Foi enviada sen tripulación para facer probas e para acoplarse automaticamente á estación espacial Saliut 6. A nave fixo diferentes probas dos seus sistemas baixo varias condicións de voo, permaneceu acoplada á Saliut 6 e regresou á Terra o 26 de marzo de 1980.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Soiuz U Soiuz T
Categoría:Programa Soiuz