Oriana Fallaci, nada en Florencia o 29 de xuño de 1929 e finada na mesma cidade o 15 de setembro de 2006, foi unha escritora e xornalista italiana. Como periodista obtivo un gran prestixio internacional, en especial grazas ás súas entrevistas.

Traxectoria A súa infancia transcorreu na Italia fascista de Mussolini. O seu pai era un activo antifascista, que sen dúbida influíu nas ideas dunha novísima Fallaci que, aínda adolescente, foi partisana durante a segunda guerra mundial, uníndose á resistencia armada contra a ocupación nazi na súa Toscana natal. Nada nunha familia sinxela, estudou Medicina na Universidade de Florencia a base de bolsas de estudo, pero nunca rematou a carreira, e pouco despois, iniciou unha extensa traxectoria como xornalista. Como correspondente de guerra seguiu tódolos conflitos do noso tempo, desde Vietnam a Oriente Medio, desde India-Paquistán a Latinoamérica, e logrou entrevistar a numerosos líderes e celebridades do século XX como Henry Kissinger, o Sha de Persia, o aiatolá Ruhollah Khomeini, Willy Brandt, Zulfikar Ali Bhutto, Walter Cronkite, Muammar al-Gaddafi, Federico Fellini, Sammy Davis Jr, Nguyễn Cao Kỳ, Yaser Arafat, Indira Gāndhi, Alexandros Panagoulis, Golda Meir, Haile Selassie, Mao Tse Tung, John e Robert F. Kennedy, e Sean Connery.

Sempre desde posicións liberais e laicas, o seu estilo literario é apaixonado, controvertido e polemista. Tocou todo tipo de xéneros, desde a opinión, ás reportaxes ou a entrevista. Os seus libros véndense por millóns e foron traducidos en máis de trinta países. Recibiu numerosos galardóns e recoñecementos, entre os que destaca o doutoramento do Columbia College de Chicago. Retirada a principios dos anos noventa a causa dunha grave enfermidade, decidiu volver a escribir tralo 11 de setembro de 2001, do que foi testemuña inmediata como cidadá de Nova York. Desde que rompeu o seu silencio con A rabia e o orgullo, dedicou as súas obras «a defender a civilización occidental, non fronte á musulmá, senón fronte ó fundamentalismo islámico». En opinión da escritora, existe un alarmante proceso de islamización de Occidente, ó que denomina Eurabia, proceso que, desde o seu punto de vista, contou coa complicidade da esquerda europea. Esas polémicas teses trouxéronlle problemas (incluídos procesos xudiciais por «difamación contra o Islam») e campañas na súa contra, aínda que conta tamén con numerosos defensores.

miniatura|150px|Tumba de Oriana Fallaci no cemiterio Evangelico Agli Allori.

Os derradeiros anos da súa vida viviu en Nova York, onde mantivo unha longa loita contra un cancro de mama ó que elevou a categoría literaria e ó que denominaba "O Outro" nas súas últimas obras. Ante o agravamento da enfermidade regresou a Italia, onde finou nun hospital da súa Florencia natal o 15 de setembro de 2006.

Obra I sette peccati di Hollywood (Sete pecados capitais de Hollywood, 1956) Il sesso inutile, viaggio intorno alla donna (O sexo inútil, 1961) Penelope alla guerra (Penélope na guerra, 1962) Niente e così sia (1969) Intervista con la storia (Entrevistas coa historia, 1974) Lettera a un bambino mai nato (Carta a un neno que nunca naceu, 1975). Nela aborda a non maternidade. Un uomo (Un home, 1979). Insciallah (1990) La rabbia e l'orgoglio (A rabia e o orgullo, 2001). La forza della ragione (A forza da razón, 2004). Apunta a tese de Eurabia e acusa a esquerda europea de ser "antioccidental". É unha secuela de A rabia e o orgullo. Oriana Fallaci intervista sè stessa - L'Apocalisse (Oriana Fallaci entrevístase a si mesma - A Apocalipse, 2005). Houbo unha primeira edición en 2004, que non incluía o longo epílogo «A Apocalipse», co título Oriana Fallaci intervista Oriana Fallaci. Notas

Véxase tamén Bibliografía La entrevista periodística, de Jorge Halperín. Ediciones PAIDOS (1995) ISBN 950-12-2701-4

Ligazóns externas Extracto de Libertad Digital da entrevista concedida por Oriana Fallaci a The Wall Street Journal Biografía por Tematika Tradución de La rabia y el orgullo

Categoría:Escritores de Italia Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Xornalistas de Italia Categoría:Nados en Florencia Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Correspondentes de guerra Categoría:Finadas por cancro de mama Categoría:Premio Luca de Tena