Javier Arias Fouz, nado en Lugo en 1977, é un político do Partido Popular de Galicia. Deputado no Parlamento de Galicia desde 2024.
Traxectoria É fillo de Ramón Arias Roca, quen fora concelleiro de urbanismo co alcalde Joaquín García Díez. Licenciouse en Dereito na Universidade San Pablo CEU e ten un mestrado en Urbanismo e Ordenación do Territorio e en Dereito Ambiental e un Diploma de Estudos Avanzados en Doutoramento en Dereito Administrativo.
Carreira política De 2010 a 2015, exerceu como avogado e foi letrado-asesor xurídico e medioambiental de SUPLUSA (Sociedade Urbanística Provincial de Lugo), onde traballaba seu pai. En 2015, converteuse en funcionario da Deputación de Lugo.
En 2017, foi nomeado xefe territorial da Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade, onde permaneceu até 2020, cando foi nomeado por Alberto Núñez Feijóo, Delegado territorial da Xunta na provincia de Lugo. O 15 de xaneiro de 2024, renunciou ao cargo para se presentar como número dous nas listas do PP de Lugo ás eleccións autonómicas do 18 de febreiro.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia
Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Lugo Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Alumnos da Universidade San Pablo CEU Categoría:Avogados de Lugo