miniatura|Homenaxe a Fina Casalderrey, escritora na súa terra en 2023, Pontevedra O/A escritor/a na súa terra é un galardón co que a Asociación e Escritoras e Escritores en Lingua Galega honra cada ano, desde 1995, a unha escritora ou escritor entregándolle unha escultura coa letra E, coa que se quere simbolizar a consideración de escritor que quen a recibe lles merece a quen llela conceden. Ademais prográmanse unha serie de actos cos que se pretende salientar a importancia que as orixes, naturais ou adquiridas, acaban tendo na obra de quen se homenaxea.
Galardóns
1995: Antón Avilés de Taramancos. Taramancos-Noia. 1996: Bernardino Graña. Cangas de Morrazo. 1997: Manuel María. Outeiro de Rei. 1998: María Xosé Queizán. Vigo. 1999: Xosé Neira Vilas. Gres-Vila de Cruces. 2000: Uxío Novoneyra (Póstumo). Seoane do Courel. 2001: Luz Pozo Garza. Ribadeo. 2002: Xosé Chao Rego. Vilalba. 2003: Xosé Fernández Ferreiro. Nogueira de Ramuín. 2004: Salvador García-Bodaño. Teis. 2005: Pura e Dora Vázquez. Ourense. 2006: María do Carme Kruckenberg. Vigo. 2007: Manuel Lourenzo. O Valadouro. 2008: Xosé Vázquez Pintor. Terra de Melide. 2009: Agustín Fernández Paz. Vilalba. 2010: Marilar Aleixandre. Santiago de Compostela. 2011: Paco Martín. Lugo. 2012: Xavier R. Baixeras. Ribadeo. 2013: Marica Campo. O Incio. 2014: Xabier P. DoCampo. Castro de Ribeiras de Lea. 2015: Xosé María Álvarez Cáccamo. Vilaboa. 2016: Helena Villar Janeiro. Rianxo. 2017: Pilar García Negro. Lugo. 2018: Nacho Taibo. Oleiros. 2019: Pilar Pallarés. A Coruña. 2020: Vítor Vaqueiro. Santiago de Compostela. 2021: Concha Blanco. Cee. 2022: Xosé Manuel Martínez Oca. A Estrada. 2023: Fina Casalderrey. Pontevedra. 2024: Euloxio R. Ruibal. Santiago de Compostela. 2025: Xosé Manuel Beiras, Co apoio do Concello de Santiago de Compostela, Deputación da Coruña, CEDRO e Xunta de Galicia. 2026: Eva Veiga, co apoio da Deputación da Coruña, CEDRO, Xunta de Galicia e Concello de Pontedeume.
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Premios e certames literarios de Galicia