Martina Aneiros Barros, nada en Ferrol en 1977, é unha avogada e política galega.
Traxectoria Estudou o bacharelato no IES Sofía Casanova. É licenciada en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou en despachos de avogados e finalmente montou o seu propio despacho con Julio Barros Casal en 2005.La Voz de Galicia, Ferrol, 9-2-2005, p. 15. Nas eleccións municipais de 2011 presentouse como candidata número 4 na lista do PPdeG ao concello de Ferrol e foi elixida concelleira. Foi nomeada portavoz do goberno municipal presidido por José Manuel Rey Varela.«Yo tendré mi estilo propio» Nas municipais de 2015 foi a candidata número 3 e volveu ser elixida concelleira. Nas municipais de 2019 foi a candidata número 2 e volveu ser elixida concelleira.Día cero de la nueva corporación de Ferrol Foi deputada provincial. En marzo de 2022 foi nomeada delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol. Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024 presentouse no posto 4 da candidatura pola Coruña e foi elixida deputada.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia Ligazóns externas Biografía na web do Concello de Ferrol
Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Ferrol
Categoría:Concelleiros de Galicia polo PPdeG
Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia
Categoría:Deputados provinciais da Coruña
Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia
Categoría:Nados en Ferrol
Categoría:Nados en 1977 Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Políticos do PPdeG