Manuel Pedregal Luege (tamén escrito o segundo apelido como Lueje), nado en Villaviciosa, Asturias sobre 1876 e finado en Madrid o 13 de abril de 1936, foi un xuíz e maxistrado español. Morreu en Madrid vítima dun atentado terrorista obra de pistoleiros de Falange Española de las JONS.

Traxectoria Obtivo a súa licenciatura en Dereito pola Universidade de Oviedo en 1902, sendo remitido o documento a Villaviciosa. Presidente de Sala da Audiencia provincial de Valladolid, o 10 de xullo de 1931 é nomeado maxistrado da Audiencia Provincial de Madrid por xubilación de Julio de Torres Gisbert. Máis tarde foi nomeado maxistrado do Tribunal Supremo. Tralo atentado ao deputado socialista Luis Jiménez de Asúa, perpetrado o 12 de marzo de 1936, estivo á fronte da instrución xudicial. Ademais, con anterioridade, sentenciou a un xove falanxista a unha longa condena polo asasinato dun vendedor de xornais de ideoloxía socialista.

Pedregal morreu vítima dun atentado terrorista o 13 de abril de 1936, cando se desprazaba polo Paseo de Luchana, esquina á rúa Covarrubias, de Madrid.

Recoñecementos En Grau deuselle o nome do maxistrado ao Parque Manuel Pedregal.

Vida persoal Casou con Luisa Candás, que recibiu unha pensión de 19.000 pesetas anuais tralo asasinato do seu home.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en Villaviciosa, Asturias Categoría:Nados en 1876 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Xuíces de España Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo