1980 (MCMLXXX) foi un ano bisesto comezado en martes segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos Manifestacións masivas en Galicia contra o Estatuto do aldraxe imposto pola UCD de Madrid recortando o autogoberno do Estatuto dos dezaseis. 21 de decembro referendo que refrenda o Estatuto de Autonomía de Galicia cunha baixa participación do corpo electoral.
Arte e cultura 3 de maio, constitución da Asociación de Escritores en Lingua Galega en Santiago de Compostela. Cara a Times Square, novela en galego de Camilo Gonsar.
Nacementos 21 de xaneiro - Cristina Maró, actriz, modelo e cantante galega. 25 de xaneiro - Alicia Keys, cantante estadounidense. 27 de xaneiro - Marat Safin, tenista ruso. 28 de xaneiro - Nick Carter, cantante estadounidense (Backstreet Boys). 31 de xaneiro - James Adomian, actor estadounidense. 12 de febreiro - Christina Ricci, actriz de cine estadounidense. 13 de marzo - Lee Jung-hyun, cantante e actriz surcoreana. 21 de marzo - Ronaldinho Gaúcho, futbolista brasileiro. 9 de abril - Jerko Leko, futbolista croata. 30 de maio - Steven Gerrard, futbolista inglés. 17 de xuño - Venus Williams, tenista estadounidense. 10 de xullo - Lee Taek-Keun, xogador de béisbol surcoreano. 20 de xullo - Gisele Bündchen, modelo brasileira. 17 de agosto - Cristina Pato, gaiteira e pianista galega. 26 de agosto - Macaulay Culkin, actor estadounidense. 12 de setembro - Yao Ming, baloncestista chinés. 13 de novembro - Daniel Zueras cantante aragonés. 18 de decembro - Christina Aguilera, cantante estadounidense. 20 de decembro - Ashley Cole, futbolista británico.
Mortes 3 de xaneiro - Joy Adamson, naturalista austríaca (n. 1910). 9 de xaneiro - Amando Losada, avogado e político galego (n. 1908). 2 de febreiro - William Howard Stein, químico estadounidense, Premio Nobel de Química (n. 1911). 17 de febreiro - Graham Sutherland, pintor inglés (n. 1903). 22 de febreiro - Oskar Kokoschka, artista austro-polaco. 18 de marzo - Erich Fromm, filósofo e psicólogo alemán (n. 1900). 24 de marzo - Óscar Romero, arcebispo de O Salvador (n. 1917). 25 de marzo - Roland Barthes, semiólogo e escritor francés (n. 1915). 31 de marzo - Jesse Owens, atleta estadounidense (n. 1913). 14 de abril - Gianni Rodari, escritor e pedagogo italiano. 15 de abril - Jean-Paul Sartre, filósofo e escritor francés, Premio Nobel de Literatura (recusado) (n. 1905). 21 de abril - Aleksandr Oparin, bioquímico ruso. 24 de abril - Alejo Carpentier, escritor cubano (n. 1904). 29 de abril - Alfred Hitchcock, director británico de cine (n. 1899). 24 de marzo - Luís Bouza-Brey Trillo, avogado, escritor e político galego (n. 1905). 4 de maio - Josip Broz Tito, presidente de Iugoslavia (n. 1892). 12 de maio - Domingo Carvallo, militar e filósofo galego (n. 1897). 7 de xuño - Henry Miller, novelista estadounidense. 18 de xuño - Kazimierz Kuratowski, matemático polaco. 7 de xullo - Luís Calvo Sanz, empresario galego (n. 1897). 26 de xullo - José Varela Puentes, político e guerrilleiro galego. 16 de setembro - Jean Piaget, psicólogo e pedagogo suízo. 22 de setembro - María Luz Morales, escritora, xornalista e tradutora galega (n. 1898) 2 de outubro - Álvaro Gil Varela, empresario e filántropo galego (n. 1905). 12 de outubro - Antón Alonso Ríos, mestre, agrarista e político galego (n. 1887). 27 de outubro - Ramón de Valenzuela, escritor e político galego. 3 de novembro - Rodolfo Prada, galeguista da Arxentina. 22 de novembro - Ramón Fernández Mato, xornalista e político galego. 8 de decembro - John Lennon, músico, asasinado. 31 de decembro - Marshall McLuhan, teórico da comunicación canadense.
Premios Nobel Física: James Cronin e Val Fitch Química: Paul Berg, Walter Gilbert e Frederick Sanger Fisioloxía ou Medicina: Baruj Benacerraf, Jean Dausset e George D. Snell Literatura: Czeslaw Milosz Paz: Adolfo Pérez Esquivel Economía: Lawrence R. Klein
Día das Letras Galegas dedicado a: Afonso X o Sabio
Outros
Historia ano a ano
Categoría:1980