Alberto López Jiménez, nado en Granada o 27 de maio de 1995, é un futbolista español que xoga como lateral esquerdo no Lugo, da Primeira División RFEF.
Traxectoria Formouse como futbolista na canteira do Málaga., na que ingresou aos 15 anos Na tempada 2013/14 debutou co Atlético Malagueño na Tercera División, asentándose rapidamente na titularidade. Disputou preto dun cento de partidos co filial, do que foi capitán durante a tempada 2015/16.
En xullo de 2016 foi cedido ao Mallorca, da Segunda División. Aínda que contaba con ficha do filial, chegou para xogar no primeiro equipo e competir pola titularidade do lateral dereito con Joan Oriol. Con todo, non entrou nos plans do adestrador galego Fernando Vázquez, polo que non chegou a debutar co cadro principal, disputando pola contra dous partidos co Mallorca B na Segunda División B. No mercado invernal deixou as Illas Baleares e foi cedido ao Real Murcia, tamén de Segunda B.
Xogou só dous encontros co conxunto murciano antes de regresar ao Atlético Malagueño ao final da tempada. No filial do Málaga recuperou a titularidade, conseguindo o ascenso á Segunda B, e o 13 de maio de 2018 debutou co primeiro equipo na Primeira División. Foi na penúltima xornada de liga fronte ao Espanyol, encontro no que substituíu ao descanso ao seu compañeiro Diego González. Continuou sendo un habitual do once titular do filial durante a tempada 2018/19, na que o equipo perdeu a categoría.
Entre 2019 e 2021 militou no Recreativo Granada, na Segunda División B, e a continuación xogou outros dous anos no Murcia, co que conseguiu un ascenso da Segunda RFEF á Primeira RFEF. En xullo de 2023 anunciouse a súa fichaxe polo Lugo, tamén na Primeira Diivisión RFEF.
Notas
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Granada Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Atlético Malagueño Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do RCD Mallorca B Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores do Granada CF B Categoría:Xogadores do CD Lugo