Rōdosu-tō senki (xaponés: ロードス島戦記; inglés: Record of Lodoss War; lit. "Crónica da guerra de Lodoss") é unha franquía de novelas de fantasía creada por Ryō Mizuno. Baséase nun mundo chamado Forcelia, creado para xogos de rol. Existen múltiples adaptacións de manga, anime e videoxogos. As súas tramas adoitan seguir as convencións e a estrutura dos sistemas de RPG, coma os de Dungeons & Dragons ("Alxubes e dragóns"), nos que un grupo de personaxes de distinto tipo realizan unha determinada misión.

Trama alt=Cosplayer caracterizada como a elfa Deed (Animethon 2007)|esquerda|miniatura|Cosplayer caracterizada como a elfa Deed (Animethon 2007) Rōdosu-tō senki narra as aventuras dun mozo, Parn, fillo dun cabaleiro caído en desgraza. Parn abandona a súa vila natal para descubrir que ocorreu realmente con seu pai, e así restaurar a honra da súa familia. Malia a súa inexperiencia, ten aptitudes de líder, e pronto logra reunir un grupo que o acompañe: Etoh, o seu mellor amigo da infancia, o mago Slayn e o antigo compañeiro deste, un anano chamado Ghim, que se converterá no seu mentor. Tamén os acompañan a elfa Deed, quen abandonou a Fraga de Non Volverás para coñecer as razóns do illamento da súa raza, e o ladrón Wood. Ao longo da historia, Parn atopará tanto amigos coma inimigos, e participará no conflito bélico entre os reis Fahn e Beld.

Recepción As novelas foron un éxito de vendas no Xapón, onde levan vendidos máis de 10 millóns de exemplares, a data de 2017.

Notas

Categoría:Filmes de 1998 Categoría:Videoxogos de Super Nintendo Entertainment System Categoría:Videoxogos de Sharp X68000 Categoría:Videoxogos de NEC PC-9801 Categoría:Videoxogos de MSX Categoría:Videoxogos de Game Boy Color Categoría:Videoxogos de Game Boy Categoría:Series de manga