Romariz é un lugar da parroquia do Riós, do concello ourensán do Riós, na comarca de Verín. A súa altitude e de 801 metros e segundo o IGE, en 2026 ten 90 habitantes (43 homes e 47 mulleres).

Historia Durante a Idade Media, a zona de Romariz foi un importante paso na Vía da Prata, ruta xacobea que conectaba a Castela con Santiago de Compostela.

No Antigo Réxime, a parroquia de Romariz integrábase no Señorío de Souto Bermudo, pertencente ao Conde de Monterrei.

A constitución española de 1812 suprimiu o réxime señorial, creando o municipio do Riós.

Festividades Romariz celebra a súa festa o primeiro fin de semana de agosto, na honra do Bo Xesús.

O castiñeiro en Romariz O castiñeiro foi durante séculos o “pan dos pobres”, antes de que chegase a pataca.

Cada casa tiña soutos familiares para comer, para vender e mesmo para pagar rendas.

As castañas secábanse nos sequeiros e gardábanse para o inverno; moitas convertíanse en fariña.

Soutos En Romariz hai hectáreas de soutos tradicionais, con árbores centenarias, hoxe en día é unha das poucas vilas que ten tanta cantidade de castiñeiros dentro do concello.

Na tradición oral

Un dito popular da zona resume a importancia do castiñeiro en Romariz:

“Riós leva a fama e Romariz a castaña.”

Este refrán fai referencia a que, aínda que o concello do Riós é coñecido pola súa feira e produción de castañas, os soutos de Romariz destacan historicamente pola súa abundancia e calidade.

Lugares e parroquias Lugares do Riós

Parroquias do Riós

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares do Riós

Categoría:Lugares do Riós